Mércores. 24.04.2024
El tiempo

A rebaixa das peaxes das autopistas galegas volve aos plenos

Peaxe da Autoestrada A Coruna-Carballo
A rebaixa das peaxes das autopistas galegas volve aos plenos

Segue presente no debate público o tema das peaxes. Veremos se despois de traduce en feitos ou en novas subidas, pero polo de pronto os 3 grupos políticos maioritarios no país manteñen o asunto na axenda política. Mentres o PP galego pregúntase pola decisión do goberno central de poner peaxes en todas as autovías, PSOE e BNG poñen o foco nas autoestradas de titularidade autonómica.

É o caso da AG55 que une A Coruña e Carballo, e que estará presente no vindeiro pleno de Cee. Desta volta será o BNG de Cee o que leve unha moción para instar á Xunta á redución e paulatina eliminación das peaxes da AG 55.

O BNG non esquece tampouco a intención do Ministerio de Transportes, Movilidad y Agenda Urbana de instalar o repagamento mediante peaxe das autovías de titularidade estatal. O BNG lembra que o rescate das ruinosas autoestradas radiais madrileñas e doutras autoestradas, supuxeron un custe de 3.000 millóns de euros para as arcas públicas; e que a supresión das peaxes en autoestradas nas que caduca a concesión entre 2019 e 2021 suporía uns 450 millóns de euros anuais.

Deste xeito, o BNG pedirá que o pleno amose “a rotunda oposición á intención do goberno central de establecer peaxes nas autovías de titularidade estatal, por considerala unha medida regresiva que establece barreiras económicas no acceso á servizos básicos como son as infraestruturas viarias, porque incrementa a inseguridade viaria e porque supón un atranco para o desenvolvemento económico e a cohesión social de Galicia”.

Novas relacionadas

Comentarios