Martes. 12.11.2019
El tiempo

Rematar o curso entre os Tesouros da Fundación

Rematar o curso entre os Tesouros da Fundación

Hai varios xeitos de coñecer os Tesouros da Fundación Fernando Blanco, pero son compatibles. Un é seguindo as publicacións de QPC da man do seu Coordinador Darío Areas, outro é visitalo in situ, e disfrutar coas verdadeiras marabillas que garda o Museo do mecenas ceense.

Estas semanas recibiron dúas visitas, unha a dos 44 socios da Asociación Benéfico-Cultural ABC do Partido de Corcubión (Arxentina) durante a súa visita á vila da Xunqueira.

Ademais, o pasado venres, foron un total de 50 alumnos de 2º de Primaria do CEIP Eugenio López de Cee, a compañados de 3 mestres e do corrdinador do museo, realizaron como actividade de remate de curso, unha visita ao fermoso xardín botánico do Instituto, onde se aplicarón no recoñecemento de distintos tipos de árbores, arbustos e herbas.

Que mellor xeito pois de rematar o curso coñecendo o noso pasado?

  • Darío Areas Domínguez. Secretario da Fundación Fernando Blanco de Lema e Coordinador do Museo.

Tesouros da Fundación

Novas relacionadas

Artigos sobre Fernando Blanco de Lema

Outros artigos de Darío Areas

Máis información

Para unha información máis detallada sobre a figura de Fernando Blanco de Lema e da historia do Instituto da Fundación e da antiga Escola de Nenas, así como tamén do Museo, podedes visitarnos na Praza da Constitución, nº 25 de Cee, ou na web: www.museofernandoblanco.org.

Fonte

Comentarios