Xoves. 18.04.2024
El tiempo

Rescatan unha muller en Lires que caera no interior da súa casa e non podía erguerse

Bombeiros de Cee en Muxia
Bombeiros e Garda Civil en Morquintián
Rescatan unha muller en Lires que caera no interior da súa casa e non podía erguerse

Este pasado domingo, pasadas as 14:30, unha familia de Lires alertaba ao 112 de que a súa veciña, que vive soa, non saíra en toda a mañá, e que o can estaba ladrando como un tolo. Protección Civil, o 061 de Vimianzo, Garda Civil, Bombeiros e Policía Local achegábanse ao lugar. Eran os Bombeiros os encargados de entrar por unha fiestra da planta baixa e atopárona no chan, na planta superior, consciente pero non se podia levantar.
Finalmente foi trasladada polo 061 urxencias médicas o hospital de Cee.

Retirada de poste

Esa mesma mañá, os Bombeiros tiveran que achegarse ata o lugar de Vilela de Morquintian, Muxía, para retirar un cable do tendido eléctrico que se soltou de un poste e cortaba a estrada no lugar. Coa axuda do vehículo de altura, procederon a suxetalo no poste pro- visionalmente, ata que se faga cargo mantemento das liñas.

Comentarios