Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Saca os títulos de patrón de barco en Corcubión e Bergantiños

Saca os títulos de patrón de barco en Corcubión e Bergantiños

Doble posibilidade a que presentamos hoxe para sacar os cursos de patrón de embarcacións. Ademais, as posibilidades son abertas, e se poden sacar na vila de Corcubión, ou na comarca de Bergantiños, nas vilas de Caión, Malpica, Ppnteceso e Corme.

Para iso, hai dúas entidades que ofrecen os cursos, como son Club Marítimo Carrumeiro de Corcubión, así como a Federación de salvamento e socorrismo de Galicia (FESSGA), que xunto con Golfiño Caión e a entidade náutica Cadenote Yatch S.L. ofrecen a posibilidade de sacalo na zona de Bergantiños e A COruña.

Curso de Titulín en Corcubión

O Clube Marítimo Carrumeiro abre unha nova Convocatoria do Titulín 2012. Así ofrece un curso para sacar a Autorización Federativa a Motor (TITULIN), que habilita para o goberno de embarcacións a motor de ata 6 metros de eslora, ata 40 KW ou 54 CV de motor con luz diúrna, en áreas delimitadas por Capitanía.

O prezo é de 155€ (Inclúe teoría con clases 2 días, taxas de exame e expedición do cartón). O vindeiro exame será o 24 de febreiro.

Haberá unha reunión informativa o mércores 1 de febreiro ás 20:30h no peirao corcubionés, no Carrumeiro. E poden informarse ou inscribirse en [email protected] ou chamando ao 666 36 93 24.

Cursos en Bergantiños

A Federación de Salvamento e Socorrismo de Galicia (FESSGA), xunto con Golfiño Caión e a entidade náutica Cadenote Yatch S.L. poñen en marcha estos cursos, cos que podrás traballar como patrón de embarcación. Os cursos desenvoveranse en A Coruña, Arteixo, Caión, Corme, Ponteceso e Malpica.

Son varias as Titulacións Naúticas Homologadas que se poden obter, como son o PER (Patrón de embarcacións de recreo), PNB (patrón de navegación básica), Patrón de Yate e Capitán de Yate.

Data prevista de comezo dos cursos:

  • 1- Reunión informativa día 1 de febreiro de 2012 as 21,00 en CAIÓN.
  • 2- Reunión informativa día 2 de febreriro de 2012 as 21,00 en CLUB NÁUTICO DE MALPICA.

En caso de estar interesado e non poder asistir a esta reunión poderes aclarar as vosas dúbidas no teléfono 629 368 565 (Luis) ou no 981 977 120 ou no correo [email protected] ou [email protected].

Novas relacionadas

Fonte

Redacción de QPC ([email protected]).

Comentarios