venres. 24.01.2025
El tiempo

O SERGAS afrontará en 2025 a necesaria limpeza da fachada do Hospital de Cee

Hospital Virxe da Xunqueira de Cee
Estado actual da fachada do Hospital de Cee
O SERGAS afrontará en 2025 a necesaria limpeza da fachada do Hospital de Cee

Anuncia hoxe o PP de Cee o compromiso da Xunta para afrontar unha máis que necesaria limpeza da fachada do Hospital Virxe da Xunqueira de Cee. Fai máis dunha década que a cor da fachada tornouse negra, por mor das humidades e os fumes da fábrica, e a pesar das esixencias dos grupos políticos, o Sergas non a afrontara ata agora.

Hoxe, Jesús Picallo anuncia o investimento de 250.000 euros por parte do SERGAS que servirá para limpar a fachada principal do Hospital comarcal. O proxecto será adxudicado, por fin, a comezos de 2025, a pesar de que en 2023 xa contaba cunha partida.

“Era un asunto no que levamos traballando moito tempo, pero non nos imos a quedar aquí, sinala Picallo. Sabemos que a Xunta de Galicia fará todo o que estea na súa man para abrir o hospital de día oncolóxico, que é unha necesidade absoluta, non só para Cee, senón tamén para toda a comarca, igual que o era o servizo de diálise ou de cardioloxía”, concluíu Picallo.

Cor do Hospital de Cee en 2009-Foto-Marcos Roriguez
Este era o cor da fachada do Hospital de Cee en 2009-Foto-Marcos Rodríguez

Outras novas

Comentarios