venres. 02.05.2025
El tiempo

Serj e Yano Yoro, nunha singular sesión vermú en Stoupa

Serj e Yano Yoro, nunha singular sesión vermú en Stoupa
Non paran de artellar iniciativas. Stoupa segue e a convertirse nun epicentro cultural da bisbarra e desta volta quere combinar música e arte para disfrutar dunha sesión vermú alonxada dos pasodobles. Stoupa volve a sorprender desta vez cunha sesión vermú que terá lugar este sábado 31 de marzo a partires das 12h. Será un evento especial onde confluirán varias artes, coma a pintura, a música e a escultura. Yano Yoro Yano Yoro A artista Yano Yoro e o músico Serj unirán o seu traballo por un día. Ambos son colaboradores de Stoupa e decidiron celebrar na tenda ceense este evento tan especial, onde ademáis explicarán os pormenores do seus respectivos traballos. Yano Yoro falará sobre a busca da realidade das mulleres que saen nos seus cadros feitos con tinta china sobre papel de arroz, mentres que Serj presentará o seu videoclip “A forza do Nordés” incluído no seu novo disco “ELA” (despois do cañeiro A Estocada da cordura), nome que non só fai referencia a súa protagonista, senón á enfermidade á que esta se ten que enfrontar e que será representada en todo o disco. Pero haberá unha sorpresa máis, e é que MAN, a escultura de Nando Lestón e símbolo de Stoupa que fora esnaquizada por uns vándalos o día de Ano Novo, volta á súa casa.

Novas relacionadas

Creadores da Costa da Morte en Stoupa

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).
  • Stoupa

Comentarios