Solpor xa ten nova Xunta Directiva


Xa é o empresario Jesús Picallo, xerente do renovado “O Semáforo de Fisterra”, o novo presidente da Asociación de Empresarios do Camiño de Santiago a Fisterra e Muxía, Camiño do Solpor. Onte, uns 30 socios dos máis de 100 socios da entidade asistiron, no Centro do peregrino de Hospital (Dumbría), á Asamblea Xeral de Socios, escollendo unanimidade a única lista proposta.
Xunto a Picallo estarán Alexia Benlloch de "Albergue Cabo da Vila" (vicepresidenta), Jesús de "Casa de Bola" (Secretario), "Perry" de "Albergue San José" (Vicesecretario), Jesús Puñal de "O Rueiro" (Tesoureiro); e como vocais Antonio (Casa Loncho), Anxo (Alén do Mar), Sonia (Albergue de Sonia), Nacho (taxi nº1 Muxía), Sol (Casa Talieiro), Juan (restaurante A Pedra) e Belén (A Casa do Peixe).

Repaso do feito
A presentación das contas e o informe de xestión estaban na orde do día polo que a Directiva saínte presentou todas as accións que tiveron realizado durante este ano. Antón Pombo, o xa ex presidente de Solpor, relatou, entre outras:
- A xestión para a posta en marcha da páxina web.
- A consecución dun local no que se repartirá o material de Solpor aos peregrinos en Santiago de Compostela.
- A impresión de 30.000 novos mapas da asociación.
- A reedición das credenciais desta variante do Camiño con 100.000 novas copias.
- Labores para mellorar a infrastructura desta variante do Camiño de Santiago.
- O Camiño Fisterra-Muxía contará cunha oficina de información na Porta do Camiño de Santiago.
- Decembro 16: Solpor presentará en Fitur o camiño de Fisterra-Muxía.
- O camiño de Fisterra-Muxía xa ten credencial e mapa propios
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).
700 postos de traballo
O mapa de Solpor e a súa credencial, gratuíta para todos os peregrinos que a soliciten, son dous dos grandes logros desta Asociación que, a día de hoxe, está composta por 106 socios dos que dependen máis de 700 postos de traballo.