![xornadas micoloxicas costa da morte]()
Comeza xa a campaña de setas na Costa da Morte. Coñecelas, atopalas no monte e saborealas serán os principais obxectivos das xornadas que se están organizando en Zas, en Santa Comba e en Cee.
A
asociación de veciños de Loroño é a encargada de organizar as
terceiras xornadas micolóxicas en Zas. Desenvolveranse entre o 4 e o 5 de novembro (venres e sábado) e terán un custe de 10€. O programa arranca o venres ás 20:30 cunha charla de Martín Souto Souto na que falará sobre os cogomelos con exposición de exemplares incluída e tratará outros temas como o cultivo e súa conservación. Xa o sábado realizarase unha saída para a recolección de setas (ás 9:30 horas) e á volta haberá unha comida opcional a base de cogomelos. Pola tarde, ás 15:30 horas, presentaranse e identificaranse todos os exemplares recollidos baixo a supervisión de Martín Souto Souto. As xornadas celebraranse no centro sociocultural de Zas e os interesados en anotarse poden facelo nos número de teléfono 606 88 97 07 ou no 677 11 54 11.
En Cee
![micoloxia costa da morte]()
No caso de
Cee, as xornadas micolóxicas - que xa van pola XVI edición - están organizadas pola
asociación Pan de Raposo e celebraranse o día 5 e 6 de novembro (sábado e domingo) na casa da Cultura da vila.
Tras a apertura da exposición, que será o sábado día 5 ás 10:30 horas, os asistentes ás XVI xornadas micolóxicas Costa da Morte realizarán unha visita guiada da man de José Manuel Castro Marcote. Xa pola tarde, ás 17:15 horas, José María Costa Lago impartirá unha conferencia baixo o título "Algúns cogomelos bos comestibles". José María Traba Velay será o encargado da seguinte charla, ás 18:30 horas, que leva por título "Boletales".
Xa o domingo día 6, haberá unha nova visita guiada con Manuel Pose Carracedo ás 12:30 horas e pola tarde pecharanse as xornadas cunha conferencia a cargo de David Martínez Lago. Durante os dous día haberá unha degustación de pinchos de cogomelos no hotel restaurante Larry de Cee.
En Santa Comba
![II Xornadas Micoloxicas Terras do Xallas]()
Veñen completas as II Xornadas Micolóxicas Terra do Xallas, compaxinando saídas, con obradoiros, e con degustacións. Os sábados 5 e 12 de novembro tocan obradoiros. Os domingos 6 e 13 hai saídas aos montes para recollida de cogumelos. Os días 19 e 20 hai xornada formativa sobre empresa micolóxica e forestal e degustación de cogumelos, con visita a unha empresa.
Cómpre inscribirse no 981 818710 ou no Edificio Multiusos.
Fonte
- Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)