Domingo. 23.06.2024
El tiempo

Todo listo para a Feira do Libro en Cee

Todo listo para a Feira do Libro en Cee
Nas vindeiras horas botaremoslle un ollo ao programa das Festas da Xunqueira para este 2011, pero hoxe como aperitivo, traemos un resumo do que vai dar de si a Feira do Libro de Cee. Celebrarase entre os días 11 e 16 de agosto na Praza da Constitución. As casetas da feira estarán abertas en horario matinal, de 11:00h a 14:00h, e polas tardes entre as 18:00h e as 22:00h. Ademáis, procederase á presentación e sinatura de libros no Museo Fernando Blanco. Deixamos aquí os horarios. Xoves 11 Ás 13:15h presentación do libro A TERRA DE SONEIRA NO CORAZÓN DA COSTA DA MORTE de Xan Fernández Carrera, Evaristo Domínguez; Roberto Mouzo e Xosé Mª Rei Lema, baixo a coordinación de Xosé Mª Lema Suárez, publicado pola Editorial Galaxia. Ás 19:15h presentación do libro LUME DE COBIZA de Miguel Anxo Fernández, publicado pola editorial Galaxia. Presenta o acto a xornalista Marcela Riera. Ás 20:15h presentación do libro EL HOMBRE QUE HABLABA DIFÍCIL de César Brandariz, publicado por Ézaro Ediciones. A partir das 21:00h animación de rúa con Peter Punk e ás 21.15 horas. Pregón da Feira do Libro a cargo de César Brandariz e inauguración da mesma. Venres 12 Ás 12:15h presentación e sinatura de exemplares da obra MI LUGAR, MI PEQUEÑO SUEÑO, de Luis Anguita Juega, publicada por Vitruvio, sello Nostrum. Ás 13:15h presentación dos libros editados polo Seminario de Estudios Comarcais e publicados pola Deputación de A Coruña:  AS ROMARÍAS DA COSTA DA MORTE, de Manuel Vilar Álvarez e Xan Fernández Carrera; DICIONARIO DE ESCRITORES  E ESCRITORAS DA COSTA DA MORTE de Xosé María Rei e O HÓRREO ATLÁNTICO OU FISTERRÁN. CABAZOS E CABACECEIRAS DA COSTA DA MORTE E BARBANZA de Xosé Mª Lema Suárez e Carlos Fernández Concheiro. Presenta, Miguel Vázquez Freire, escritor e profesor. Ás 19:15h presentación da obra de José Manuel Otero Lastres EL CAMPO DE BUCÉFALO, editada por Pigmalión Ediciones. Presentan o acto Alfredo Conde, José María Paz Gago e María Canosa. Ás 20:15h presentación do libro LA RADIO DE RIAL de Javier García Sánchez publicado pola editorial Hércules. Contaremos coa presenza do popular xornalista da Radio Galega, Luis Rial. Sábado 13 A partir das 12:15h presentación e sinatura de exemplares da obra  LA MANCHA NEGRA, de Manuel Sánchez Dalama, publicada por Algaida. Presenta o acto Isabel Ares, directora de expansión do grupo Ler Librerías. A partir das 13:15h presentación dos libros O PAPAVENTOS DE LAURA, de María Canosa, e A CIENCIA NO PUNTO DE MIRA de Jorge Mira, publicados pola Deputación de Ourense e Auga Editora, respectivamente. Ás 20:15h presentación do libro BATER DE SOMBRAS de Francisco Fernández Naval, publicado por Espiral Maior e por Huerga y Fierro, na súa edición bilingüe. Presenta o acto, a escritora Concha Blanco.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa da Área de Cultura do Concello de Cee.

Comentarios