Sábado. 04.05.2024
El tiempo

Cultura para o verán en Cee

Cultura para o verán en Cee
O Concello de Cee presentou nas últimas horas o seu programa de Verán Cultural 2011. As actividades comezarán o vindeiro venres e espallaranse ata finais deste mes de agosto. Haberá de todo, dende cine ata música de varios estilos, literatura ou teatro. Cabe lembrar que no medio do desenvolvemento deste programa cultural, celebraranse as Festas da Xunqueira. O programa está organizado polo Concello en colaboración coa Deputación da Coruña. Programa Comezan o venres 5 de agosto, coa proxección da película Ágora ás 22:15h na Praza da Constitución. O sábado 6 celebrarase o XII Certame de Habaneras dende as 21:00h nos xardíns da Fundación Fernando Blanco. Actuarán a Coral Airiños de Quenxe de Corcubión, a Coral Xan Mella de Baio, e a Coral Neria – Costa da Morte. O domingo 7, dende as 21:00h, o Salón de Actos do Concello acollerá a Gala de zarzuela, a cargo da Coral Santa María de Cambre. As citas continuarán a vindeira semana con música tradicional, literatura, cine ou teatro.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios