A realidade de Ucraína chega, en primeira persoa, ao IES Fernando Blanco

Na prensa, na radio, nos telediarios… moito terá escoitado, como telón de fondo, a rapazada da Costa da Morte falar de Ucraína nos últimos meses. Pero seguro que a saturación de información dispersa non lles permite, como á meirande parte dos que somos máis maiores, a realidade dunha guerra.
Non cabe dúbida que as historias contadas en primeira persoa teñan moito máis impacto, por iso o IES Fernando Blanco e a Asociación de Fotógrafos Asfogal quixeran organizar un encontro entre o seu alumnado e dúas persoas que viviron o conflito en primeira persoa.
O fotógrafo Marcos Rodríguez e o xornalista Fran Hermida, que realizaban unha viaxe financiada polo BNI Costa da Morte para traer 47 refuxiados a Galicia dende a fronteira de Polonia, impartieron unha charla no Instituto Fernando Branco de Cee.
Presentados polo xefe de estudos, Serxio Iglesias, falaron sobre as experiencias, con historias con nomes e apelidos de xente que o deixou todo atrás para fuxir dun futuro incerto pero deixando as súas familias no seu país de orixe.
Unha amena charla na que se presentou un documental fotográfico de 24 minutos de duración sobre o que Hermida e Rodríguez ían facendo paradas para explicarlle aos alumnos as imaxes e poñelos así en situación.

Novas sobre Ucraína
- O BNI involúcrase con Ucraína.
- A Mata, a comprometida pousada dunha familia de refuxiados ucraínos.
- Corme dá unha calurosa benvida á súa ducia de ucraínos .
- Malpica acolle a dúas familias refuxiadas de Ucraína .
- Luís Lema Martínez, a solidariedade e a humanidade sobre o asfalto.
- Bárbara, a corcubionesa que trae dúas familias ucraínas na súa "casita rodante”.
- Ramón Dourado atravesa Europa para traer a Corme 12 refuxiados de Ucraína.