O BNI involúcrase con Ucraína

Esta pasada madrugada arrincaba dende a explanada de Riazor, na Coruña, un autobús cargado de material humanitario dirección Ucraína, que volverá nunha semana con 40-50 refuxiados. Así o ten organizado o BNI da Costa da Morte. O grupo empresarial involúcrase de cheo nesta guerra, e a raíz dunha proposta do xornalista corcubionés Fran Hermida.
Os empresarios da comarca xuntaron en apenas uns días 25.000 euros para facer todo o percorrido, e facelo ben. O autobús sae con dous xornalistas (tamén vai a xornalista da opinión Marta Otero), un fotógrafo (o carballés afincado en Cee Marcos Rodríguez), e un psicólogo. Así poderán contar o que se atopan nesa fronteira polaca, e retratar a historia dunha viaxe humanitaria coma esta, ademais de axudar aos refuxiados durante a viaxe a expresar as súas máis profundas sensacións.
Foi de novo a Asociación AGA-Ucraína a que xestionou os permisos, e coordinou a entrega do material e recollida das persoas refuxiadas. Ademais, foron moitos os empresarios do BNI que ofreceron tamén as súas vivendas para que estes 40-50 refuxiados teñan un fogar de acollida asegurado polo menos durante 6 meses.
Unha nova demostración da solidariedade da nosa bisbarra.
Novas do BNI
Novas sobre Ucraína
- Vimianzo acollerá gala solidaria en favor do pobo ucraíno
- Corme dá a benvida á súa ducia de ucraínos.
- Luís Lema Martínez, a solidariedade e a humanidade sobre o asfalto.
- Bárbara, a corcubionesa que trae dúas familias ucraínas na súa "casita rodante”.
- Ramón Dourado atravesa Europa para traer a Corme 12 refuxiados de Ucraína.
- Unha carreira por Ucraína.
- A Pergoliña busca aloxamento para acoller refuxiados de Ucraína.
- Muros prepárase para enviar axuda humanitaria a Ucraína.
- Como axudar a Ucraína dende a Costa da Morte.