Venres. 19.04.2024
El tiempo

Última prazas para o curso certificado de creación e xestión de microempresas de Acerta Formación

Curso Acerta
Última prazas para o curso certificado de creación e xestión de microempresas de Acerta Formación

Esta semana arrinca un curso de Creación e Xestión de Microempresas en Acerta Formación. Un curso enfocado a fomentar o auto emprego, ou pensado tamén para persoal de xestorías e asesorías, persoal administrativo en empresas.

É gratuito, con posibilidade de obtención de axudas, e dura ata o 11 de abril de 2022, en horario de 9:00h a 14:00h. Son 538 horas moi completas de contidos, tanto para desempregados como para traballadores que cumplan os requisitos, e serve para sacar un certificado de profesionalidade Nivel 3, que equivale a un Ciclo Superior.

Poden informarse e inscribirse en Acerta, no Lg. Raíces de abaixo, 6, baixo, Cee, fronte ao IES Agra de Raíces; en [email protected] ou no 981 10 60 60.

Novas relacionadas

Comentarios