Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Finde de sucesos: Un accidente en Mazaricos e un rescate dun pescador en Cee

Accidente pescador de rio
Rescate dun pescador de río en Cee- Foto: Bombeiros de Cee
Finde de sucesos: Un accidente en Mazaricos e un rescate dun pescador en Cee

Fin de semana axitada para os efectivos de seguridade. O sábado pola tarde tiñan que rescatar un ferido que sufrira un grave accidente no seu quad nos montes dfe Corcoesto.

Tamén, por Mazaricos, o GES de Muros, Protección Civil e Garda Civil tiñan que desprazarse ata a AC3404, que transcurre do Pino do Val ata a Picota, tras un choque frontolateral entre dous vehículos. Os condutores tiveron que ser evacuados polo 061.

Accidente en Mazaricos
Accidente en Mazaricos

O domingo pola mañá houbo lío nos montes de Gondomil, Corme, pois caeulle unha árbore a un home que facía traballos nun monte de seu.
Pola tardiña, os Bombeiros de Cee e a Policía Local tiveron que colaborar co 061 para rescatar a un pescador de río na zona da Ponte Constante, entre Cee e Muxía, que, tras unha caída, sufriu lesións nunha perna e foi trasladado en ambulancia ao Hospital.

Comentarios