Sábado. 14.09.2024
El tiempo

Un vehículo calcinado en Miñóns

Un vehículo calcinado en Miñóns
  O pasado sábado, ás 19:00h, un home que viaxaba no seu vehículo por Miñóns, na parroquia dumbriesa de Buxantes, paraba ao ver que estaba a botar fume pola parte de atrás do salpicadeiro. Inmediatamente chamaba ao 112 que mobilizaba aos Bombeiros de Cee, que chegaban cando o lume xa estaba saíndo pola ventá. Os Bombeiros procederon á extinción do vehículo con auga. Unha vez extinguido fixeron un pequeno reten e comprobaron que non queda ningunha lapa no vehículo, se ben o vehículo quedou completamente calcinado.

Limpeza de vía

Foi o pasado venres cando os Bombeiros tiñan que acodir a Toba de arriba, en Cee, para realizar unha limpeza de vía por mor dun accidente no que un vehículo, Renault Clio, que saíuse da vía derramou despois de bater contra un muro e ser retirado do lugar. Afortunadamente non houbo vítimas pero a vía quedou esvaradía polo derrame e limpouse con desengraxante e 250 litros auga, o lugar era moi perigoso por ser nunha curva con pendente e estar o chan mollado pola choiva.

Fonte

Comentarios