Unha charla para informarse sobre a perda do Partido Xudicial en Corcubión


A Costa da Morte respondeu á chamada da loita por mnater #CorcubiónPartidoXudicial. Pero a loita continúa, berrando e informando. Así o entende o BNG, que tras convocar esa manifestación aberta a todas as cores políticas do pasado xoves, xa prepara unha charla informativa para este xoves 3 de xullo, ás 20:00h na Capela do Pilar en Corcubión.
Será Xabier Paz, portavoz do Bng en Corcubión, o que introducirá aos asistententes no problema concreto de Corcubión, e a funcionaria de xustiza e deputada no parlamento galego, Tereixa Paz, afondará nos problemas reais desta lei que Gallardón quere levar adiante.
A charla pretende ser un encontro cos veciños e veciñas para que escoiten a deputada, mais tamén para que consulten todas e calquera das dúbidas que poidan ter.
A preocupación na Costa da Morte e en Corcubión en particular e cada día mais grande, xa que a desaparición do partido xudicial de Corcubión trae consigo enormes problemas para o conxunto da cidadanía da bisbarra, e sería un golpe case que definitivo para o pequeno concello que dende anos perde poboación.
Novas relacionadas
- 27-06-14: Corcubión meteu un berro unánime polo Partido Xudicial.
- 20-06-14: Unha campaña por #CorcubiónPartidoXudicial.
- 29-04-14: O pleno de Corcubión, unánime polo Partido Xudicial.
- 28-04-14: Os alcaldes populares de Bergantiños confían en manter o Partido Xudicial en Carballo.
- 23-04-14: Carballo e Corcubión, sen Muros, lideran a loita contra o desmantelamento dos Partidos Xudiciais.
- 14-04-14: Gobernos e oposicións de Corcubión e Carballo érguense polos Partidos Xudiciais.
- 14-02-12: Muros tamén rexeita a supresión do seu partido xudicial.
- 11-05-12: Unanimidade en Corcubión contra o desmantelamento do Partido Xudicial.
- 09-05-12: Corcubión ameaza coa mobilización polo desmantelamento do Partido Xudicial.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).