Venres. 26.04.2024
El tiempo

Unha campaña por #CorcubiónPartidoXudicial

Unha campaña por #CorcubiónPartidoXudicial
O BNG arrinca unha campana por CorcubionPartidoXudicial Corcubion Partido Xudicial

#CorcubiónPartidoXudicial. Con este hastag o BNG da Costa da Morte arrincou a semana pasada unha campaña para concienciar a poboación sobre a chamada reforma Gallardón, que modificará por completo o mapa de xulgados de toda España. Na provincia quedará só o de Santiago, afectándonos directamente co peche dos Xulgados de Carballo, Corcubión e Muros.
Un peche extensible aos xulgados de paz e rexistros civís de Carnota, Cee, Muxía, Fisterra, Dumbría, Vimianzo, Camariñas e Zas.

A base da protesta suxéitase nun elemento tan básico como o dereito a acodir á Xustiza, que deste ficará máis lonxe do cidadá, non só en quilómetros e tempo, senón tamén en cartos.

É o de Corcubión o que centra a protesta do BNG Costa da Morte. I é que o Xulgado corcubionés é un dos pulmóns da vila de San Marcos.

Unha Concentración para "Que non nos quiten o Xulgado"

O BNG de reparto de panfletos informativos

Por todo isto, ademais de repartir panfletos polas vilas do arredor, e de promover unha acción nas redes sociais con fotos como as que vemos na primeira imaxe, convoca unha Concentración baixo o lema “Que non nos quiten o Xulgado de Corcubión” para o xoves 26 de xuño ás 20:00h diante do Xulgado corcubionés.

Unha convocatoria aberta a toda a cidadanía.

Pregunta por Facenda

Edificio de Facenda en Cee

Na mesma liña, o BNG preocúpase tamén pola oficina de Facenda en Cee. I é que nas últimas datas están a chegarnos numerosas queixas de veciños da Costa da Morte polo funcionamento da oficina da Axencia Tributaria de Cee. Dende a segunda semana de abrirse o prazo para facer a declaración da renda, o persoal está derivando a todas e cada unha das chamadas as oficinas de Santiago ou Coruña pola incapacidade de atender as peticións, co perxuizo que conleva para os veciños.

Dende o BNG, “conscentes do desmantelamento que sufriu polo ano 2006 onde a oficina pasou a ser de nível 3, e só quedou para información e rexistro”, cren que a situación ten que dar a volta, e o que hai que facer é “reforzar o persoal debido a cantidade de traballo neste período de declaracións”.

Por todo isto, a deputada do Bng en Madrid Rosana Pérez, vén de presentar varias preguntas ao respecto. “Consideramos preciso que o ministerio reconsidere o papel da oficina de Cee, a dote de persoal cando sexa preciso, e que por suposto, recoñeza e rectifique os recortes do pasado, e volte a dotar a oficina da Axencia Tributaria da comarca do preciso para convertela, como mínimo, no que era antes da súa restructuración”.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios