Martes. 14.05.2024
El tiempo

Unha nova máquina elevadora para o taller do IES Fernando Blanco

Imaxe dunha promoción de FP de Mecánica do IES Fernando Blanco
Unha nova máquina elevadora para o taller do IES Fernando Blanco
Nova maquina elevadora para o FP de mecanica do IES Fernando Blanco

O IES Fernando Blanco recibiu da Consellería de Educación un elevador de 4 columnas, destinado ao Ciclo Medio de Electromecánica de Vehículos, que se imparte no mesmo.
Trátase dun Elevador de 4 columnas electrohidráulico de 4 toneladas con gato pneumático central de 2 toneladas. Específico para aliñado de direccións. Conta con todos os sistemas de seguridade como: sinal acústico no último tramo de descenso para evitar esmagamentos e seguridade hidráulica en caso de rotura de tubos.

Este novo equipamento permitirá ao centro impartir un ensino máis completo.

Alumnos de Mecanica do IES Fernando Blanco coa nova elevadora

E libros tamén

Ademais, nos pasados días visitou o IES Fernando Blanco o Xefe Territorial da Consellería de Educuación, Indalecio Cabana Leira quen entregou uns lotes de libros aos alumnos e alumnas que conseguiron as Becas-Premio da Fundación Fernando Blanco de Lema. Estes libros foran prometidos polo conselleiro de Educación, durante a súa intervención na cerimonia de entrega das devanditas Becas-Premio.

Novas relacionadas

Fonte

  • IES Fernando Blanco.

Comentarios