luns. 11.11.2024
El tiempo

Vimianzo marchou a Sevilla e Cee vai ao San Froilán

Vimianzo marchou a Sevilla e Cee vai ao San Froilán

Dúas viaxes artellan os servizos sociais dos concello s e Vimianzo e Cee.

Os vimianceses por Sevilla

Como non podía ser doutra maneira novamente os veciños e veciñas de Vimianzo seguen de aventura por España adiante. Esta vez tocoulle a Sevilla, Cádiz, Salamanca...
Saíron o xoves de Vimianzo e non está previsto que cheguen ata o mércores pola noite, inda que están baraxando a posibilidade de quedarse a voda da Duquesa de Alba. Montserrat Vázquez, Concelleira de Servizos Sociais, xa iniciou contacto co Palacio de Liria.
O sábado disfrutaron da cidade de Sevilla, para visitar a localidade de Almonte e visitarán e asistirán a unha misa na Hermita do Rocío. O luns pecharon a viaxe en Chipiona, localidade da que era natal Rocío Jurado e tamén coñecer a cidade e os encantos de Cádiz.

Os maiores de Cee ao San Froilán

Para esta fin de semana, o departamento de Servizos Sociais de Cee vai organizar unha viaxe para esta fin de semana a Lugo, coincidindo coa mítica festa do San Froilán. Hai preparado un paseo polo Casco Histórico, e como non, un xantar nas pulpeiras.

A viaxe será o martes 11 de outubro, con saída ás 8:00h da estación de buses, e custa 30€ co xantar incluído. Poden inscribirse no Centro Social e nas Oficinas de SS ata o domingo 9 de outubro, ata cubriren as 40 prazas.

Novas relacionadas

Fonte

  • Notas de prensa dos SS dos Concellos de Vimianzo e Cee.

Comentarios