Venres. 26.04.2024
El tiempo

Xabier Díaz trouxo o mellor da música galega a Cee

Xabier Díaz trouxo o mellor da música galega a Cee
Xabier Diaz en Cee no Mes da Fundacion Fernando Blanco Xabier Diaz en Cee no Mes da Fundacion Fernando Blanco

Unha xoia galega traía esta fin de semana o programa do Mes da Fundación Fernando Blanco a Cee. Nada menos que Xabier Díaz, un dos grandes do folk galego, achegábase ao Salón de Actos do concello para realizar un novedoso concerto comentado sobre música tradicional galega "Contas e Cantar”.

Co Salón ateigado de público e actuación de Díaz foi verdadeiramente sublime, facendo que as súas fanas se deleitasen así como os amantes da música galega disfrutasen e aprendesen con el. Tocou o acordeón, a pandeireta, o pandeiro e, sobre todo, sacou a relucir a súa voz, esa que tanto di no panorama cultural galego.

Demostrou Xabier o apegado que está á terra, cun coñecemento e unha técnica impresionantes, pero tamén con sinxeleza, humidade e proximidade. Unha noite inesquecible para moitos, como Diana Lourido que nos deixa esta peza adicada á Virxe da Barca:

De naufraxios

Rafael Lema no Cemiterio dos Ingleses

Prosegue o ciclo de actos este martes cunha charla sobre naufraxios que abrirá o ciclo de conferencias para escolares. O IES Fernando Blanco acollerá o martes ás 11:00h para os rapaces do Fernando Blanco e do Agra Raíces,, e aberta tamén ao público en xeral, a conferencia “A costa dos mil naufraxios” a cargo do escritor e investigador de Ponte do Porto, Rafael Lema, o martes ás 11.00 horas.

O autor falará sobre os seus dúas últimas obras, “Catálogo de naufraxios” e “Costa da Morte, un pais de soños e naufraxios”. O autor tratará sobre os naufraxios máis soados sucedidos na comarca dunha forma didáctica e divulgativa, aportando novidades e anécdotas. Aproveitará para incidir na falsedade da lenda negra da comarca como terra de naufragadores de barcos.

E de contos

Outro grande da cultura galega pasará por Cee a vindeira fin de semana. O sábado 18, ás 21 horas, no Salón de Actos do Concello de Cee, dentro do Programa "O Mes da Fundación", outro grande dos escenarios da nosa terra: Cándido Pazó con Memorias dun Neno Labrego.

Novas relacionadas

Novas relacionadas

Máis información

Fonte

Comentarios