Xuño tamén é un bo mes para ler
08:05 12/06/18
Onte arrincou o programa "En xuño... Ler tamén conta moito" da biblioteca pública Francisco Mayán de Cee
O programa "En xuño... Ler tamén conta moito", organizado pola biblioteca pública Francisco Mayán de Cee, arrincou hoxe coa obra de teatro " A máquina do tempo" de teatro Ghazafelhos e á que asistiron alumnos e alumnas de 3º e 4º de Primaria dos colexios Manuela Rial Mouzo e Eugenio López.
Pepablo Patinho e Montse Piñón volven a Cee na máquina do tempo para viaxar con eles ata a época das cavernas. Estes dous integrantes dos Ghazafelhos exploran como se vivía na prehistoria a través das peripecias da doutora Monsilia Brimini, a científica máis grande da historia, que consegue artellar unha máquina do tempo que nos traslada ao mundo dos cavernícolas.
Contaron coa axuda dalgún "voluntario ou voluntaria" para achegárense ás distintas épocas da historia.
O programa continuará o vindeiro luns 18 de xuño, tamén ás 11:00 horas, desta vez na sala de conferencias, cunha actividade para o alumnado das escolas unitarias de Brens e Pereiriña, así como para os da escoliña municipal. Será o turno de Camiños de Magín Blanco que presentará é o seu álbum máis ecléctico, máis luminoso, máis bailable. Irradia ilusión e máis desexo ca nunca por descubrir novos camiños, resultando balsámico e curativo mergullarse entre os seus máxicos ritmos e sons.
Fonte
- Redacción QPC ([email protected])