Xoves. 02.05.2024
El tiempo

A Xunta Local da Asociación Española Contra o Cancro en Cee celebrou o seu Festival Solidario

Festival Solidario AECC Cee-Foto-Rafa Quintans
Foto de familia do Festival Solidario da AECC Cee-Foto-Rafa Quintáns
A Xunta Local da Asociación Española Contra o Cancro en Cee celebrou o seu Festival Solidario

Marea de emocións e de solidariedade a vivida esta fin de semana ano Auditorio Baldomero Cores de Cee, coa celebración do III Festival Solidario contra o cancro. A organizadora Xunta Local da Asociación Española Contra o Cancro en Cee quedou moi satisfeita pola gran afluencia, e iso que houbo varios actos ao mesmo tempo.

festival foi presentado por Belén, voluntaria da asociación, xunto coas cativas Iria e Lara, que repetían festival, e contou coa especial colaboración de Fran Hermida, que aparecía en escea portando o Cheque do I Festival Solidario Costa da Morte (o donativo de 4564 euros que recaudaron a favor da AECC as asociacións, Chan das Lamas e Pedramar de Carnota) como aceno de gratitude e recoñecemento ás mesmas.

Festival Solidario AECC Cee-Foto-Rafa Quintans 2
Foto: Rafa Quintáns

Á continuación deron paso aos gruposMestura Fol, Terra de Sena, Peta Forte, Xaviñanas de Corcubión, Charanga Os Nosos, Arte e Movemento e a dúo Fernando Fraga e Néstor Fidalgo, pechando as actuacións musicais. Entre actuacións fixéronse tres sorteosgrazas ás colaboracións de negocios locais: cesta de froita e produtos variados, dous menús degustación nun aloxamento rural da localidade e un xamón de reserva.

 Chegando ao remate, os agradecementos e entrega de diplomas aos grupos e persoas que colaboraron no festival e o peche coa canción Resistirei, cantada por un público entregado.

Festival Solidario AECC Cee-Foto-Rafa Quintans 4
Foto-Rafa Quintáns

 

Comentarios