Martes. 23.04.2024
El tiempo

180.000€ en axudas para rehabilitar vivendas no casco de Corcubión

Casco Vello de Corcubion-Foto-Axa
Casco Vello de Corcubion-Foto-Axa
180.000€ en axudas para rehabilitar vivendas no casco de Corcubión

A Xunta de Galicia acaba de asignar case 180.000 euros ao Concello de Corcubión para financiar distintos tipos de actuacións dentro da súa Área de rehabilitación integral (ARI).

O importe máximo das subvencións dirixidas a particulares e comunidades de veciños é de 24.000 euros por vivenda, sen que poida superar o 50% do orzamento da actuación. En todo caso, subirá ata o 85% cando o solicitante teña ingresos inferiores a tres veces o IPREM e cando se acometan actuacións de mellora da accesibilidade e se acredite que na unidade de convivencia hai persoas con discapacidade ou maiores de 65 anos.

Ademais, os concellos recibirán tamén subvencións para executar pola súa conta actuacións de urbanización e reurbanización de espazos públicos no ámbito da ARI, cun importe de ata 2.000 euros por cada vivenda rehabilitada.

Comentarios