Venres. 29.03.2024
El tiempo

4 regatistas do Carrumeiro participaron na proba clasificatoria de Foz

4 regatistas do Carrumeiro participaron na proba clasificatoria de Foz
Regatistas corcubioneses en Foz

Durante a pasado fin de semana 8 e 9 de setembro celebrouse en Foz a Regata "Virxe do Carme", clasificatoria para o Campionato Galego de Optimist, e organizada polo Club Náutico de Foz e a Federación Galega de Vela. Participaron 112 regatistas de todo Galicia pertencentes a 14 clubs, e como non podía ser doutro xeito, alí estaban varios membros do Club Marítimo Carrumeiro de Corcubión.

As xornadas desenvolvéronse con bo tempo pero moi pouco vento, o que provocou que só se puidese celebrar unha manga das seis previstas. Nesta regata realizou unha división da flota en dous grupos: Ouro e Prata. No primeiro van os 62 primeiros do Ranking e na Prata os 62 restantes. O obxecto desta division é que a flota faga saídas de menos número de barcos e os novos poidan loitar unha por gañar na súa categoria (recordemos que as categoría son A 12 a 14 anos idade B de 10 a 12 anos e C de 8 a 10 anos)

O Club Marítimo Carrumeiro participou con 4 optimist: Paula Trinidad Leo no grupo ouro e categoría A a bordo do seu optimist As Hortensias. Paula mantívose entre os 40-50 da flota pero lle protestaron por non ceder o paso a unha embarcación amurada a estribor e perdeu a protesta e foi descualificada (unha para aprender e outra para saber).
Tamén estiveron Elena Coronilla Jiménez participou na Categoría A Grupo Prata co seu Optimist Santitel; Nicolás Toba Quintero na Categoría C grupo Prata co Optimist O Hórreo, que quedou de 17º realizando unha marabillosa saída encabezando a flota; e Iosune Muiño Bermúdez de Castro, na categoría c grupo Prata co seu optimist Hotel Insua.

Gran participación para os nosos que xa pensan na próxima Regata Clasificatoria, que será os días 6 e 7 de outubro no Clube Náutico de Portosín.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa do Carrumeiro.

Comentarios