A XXIX Regata Rías Altas vertebrou a Costa a vela

09:11 25/07/12

As 5 etapas da XXXIX Regata Rías Altas centráronse na Costa da Morte. Da Coruña a Corcubión percorreron os 20 barcos referencia da vela internacional galega. O sábado partiron da vila herculina e fixeron parada en Laxe.
O domingo chegaron a Corcubión, onde unha embarcación do Club Marítimo Carrumeiro saíu ao seu encontro para dar un grato recibimento á flota participantes. Alí, ademais de disfrutar do ambientazo do Mercado Medieval corcubionés, fixeron entrega de trofeos na que a embarcación Raygrass III, representante do Club Marítimo Carrumeiro patroneado por Ton Nuñez, que se proclamaba segundo na súa clase.
Vencía o Raygrass tamén na xornada Corcubión-Muxía do luns, e estes días sube dende aló, con parada en Malpica, de volta á Coruña.
Novas relacionadas
- Laxe, Corcubión, Muxía e Malpica recibirán a XXXIX Regata Rías Altas.
- Os pequenos regatistas de Fisterra xa surcan a ría.
- Preto de 200 escolares xa son regatistas na Costa da Morte.
- Máis de 170 embarcacións tinguiron de branco a ría de Corcubión.
- O nordés dificultou a regata máis numerosa da ría de Corcubión.
- A Ría de Corcubión volverá ser o centro da vela de Galicia.
Fonte
- Nota de prensa do Carrumeiro.