Sábado. 12.10.2024
El tiempo

A baixura costeira segue mollándose

A baixura costeira segue mollándose
Queima dun barco no peirao de Corcubion

Nin o tempo pode cos mariñeiros da pesca artesanal da Costa da Morte. Un sábado máis, e van 3 consecutivos, centenares de mariñeiros de toda a zona se concentraron no porto de Corcubión para manifestar o seu rexeitamento ás políticas de apoio ao arrastre das administracións, e en defensa da pesca sostible.

Chovía, e bastante, pero o tempo non freou as gañas de pelexa que ten o colectivo, esquecido dende hai tantos anos, a pesar de ser un dos grandes motores económicos de Galicia. Un colectivo, o da pesca artesanal, que dá traballo máis que ningunha outra arte, unha das claves para refrendar esta loita. I é que esa empregabilidade non se corresponde co reparto das cotas, precisamente un dos cabalos de batalla.

A concentración, ademais do discurso no interior da lonxa do que está levando a voz principal destas propostas, o patrón maior de Corcubión, Domínguez Buiturón, incluíu a queima dun barco, que servíu como símbolo.

Unhas manifestacións “pola pesca sostible” que van no mesmo camiño que o leva dirixindo a Asoar-Armega nos últimos anos, chegando a href="/articulo/costa-da-morte/a-loita-polas-cotas-da-pesca-artesanal-chega-as-ruas-de-bruxelas/20121220073028071833.html">ata o mesmo Parlamento Europeo, a pesar das diferencias destes últimos anos entre póstico e entidade, que curiosamente comparten peirao. Esperemos que pronto vexan que camiñando xuntos se chega máis lonxe.

O patron maior de Corcubion pola pesca sostible Marineiros da Costa da Morte pola pesca sostible

Apoio da ASOAR á Greenpeace

E precisamente, a entidade radicada a Corcubión vén de enviar un comunicado amosando o seu apoio a Greenpeace ante as medidas tomadas polo goberno para frear as accións desta organización en contra das prospecciones en Canarias. Medidas que consideran "totalmente desproporcionadas", "que puxeron en serio perigo a vida dos activistas e, no seu afán por seguir adiante coas prospecciones e apoiar á empresa Repsol, retivo ao barco insignia da organización medioambientalista o Arctic Sunrise. Desde esta entidade creemos que estas accións son desmesuradas e parecen atender a cuestións económicas sen ter en conta as graves repercusiones medioambientales que estas prospecciones van causar nesas zonas".

Desde Corcubión envían o "apoio e manifesto a favor dunha organización fundamental na loita pola defensa do medioambiente como é Greenpeace e o noso agradecimiento polo labor que día a día esta organización vén realizando alí onde se necesite". E piden ao goberno "que sexa coherente e racional coas peticións de miles de persoas que apostan pola sostenibilidad e dixeron NON ás prospecciones, e libere ao Arctic Sunrise e retírense as sancións que ameazan a este buque insignia".

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios