A Slow Food Galicia invade a Costa da Morte nesta fin de semana gastronómica
Co outono, ademais do teatro, chegan as propostas gastronómicas. Esta fin de semana son varias as citas como o Outono Gastronómico de Vimianzo, as IV Xornadas do Porco Celta da Costa da Morte, as citas de Comete o mar ou ata as XI Xornadas Micolóxicas da Costa da Morte.
Varias delas teñen un denominador común, que non é outro que ese agregador filosófico das propostas mundiais gastro-sostibles chamado Slow Food. Un movemento que se estende por Galicia dende a Costa da Morte e que segue a colaborar con diferentes estamentos da bisbarra. Desta volta colabora co Concello de Vimianzo na organización da iniciativa "Vimianzo Gastronómico. Compartimos Outono", ademais de participar nunha charla sobre o Porco Celta.
Explican que a proposta vimiancesa naceu precisamente an raíz dunha charla ofrecida na localidade pola gastrónoma Pía Lago, quen enxalzou as bondades do movemento creado no seu día en Italia por Carlo Petrini. A proposta, xa en marcha ao longo do mes de novembro, inclúe o traballo de 7 restaurantes, 7 locais de copas así como 3 panaderías do concello.
Pola súa banda, este sábado será Encarna Otero, da Slow Food Galicia a que achegue o movemento aos veciños de Corcubión e da zona nas IV Xornadas do Porco Celta da Costa da Morte.
Máis información
Novas relacionadas
- Un outono sabroso en Vimianzo.
- A Slow Food toma protagonismo nas IV Xornadas do Porco Celta da Costa da Morte.
- O sur da Costa da Morte volve comerse o mar.
- Os cogumelos volven ser os protagonistas coas XI Xornadas Micolóxicas da Costa da Morte.
Máis novas gastronómicas
- A Pataca Fina de Carballo vaise cocendo a lume lento.
- A Raínha Lupa revive cun Mercado Ecolóxico en Quilmas.
- 500 cogumelos máis nun novo libro micolóxico con semente da Costa.
- Achegando o sabor do mar ao interior.
- Entrevista con Manuel Gago: “O litoral da Costa ten propiedades hipnóticas”.
- A denominación de orixe da Costa da Morte triunfa no Forum Gastronomic de Girona.
- O Proxecto Berberecho, unha aposta pola diferenciación.
- Presentación do Convivium Galicia da Slow Food: A Costa comeza a “xantar de vagar”.
Fonte
- Nota de prensa da Slow Food Galicia.