A Universidade Popular de Corcubión organiza un curso de iniciación ao baile tradicional
08:04 23/06/16
A Universidade Popular de Corcubión vén de poñer en marcha un curso de verán de iniciación ao baile tradional e á foliada que comezará o vindeiro luns, día 27, e que impartirá Edelmiro Regueira.
Nas clases, que serán os luns de xullo e agosto en horario de 21:30 a 22:15 horas, estudaranse os distintos ritmos soltos como agarrados, o movemento para cada ritmo, aboradaranse as técnicas básicas das muiñeiras e xotas, a expresión corporal, os puntos básicos de distintas zonas xeográficas de Galiza e a montaxe dun baile tradicional.
"Cando falamos de baile tradicional, falamos de autenticidade e respecto, sen engadiduras nen artificios coreográficos para enriquecer o de que por sí xa é unha riqueza. O desenvolvemento do curso será o máis fiel posible á realidade, chegando, se cabe, a adoptar estilos das vellas e vellos bailadores" sinala o mestre.
Os interesados en participar no curso, aberto a todos os públicos, poden inscribirse ou obter máis información na páxina de facebook da Univesidade Popular de Corcubión ou no número de teléfono 652628538 (despois das 18 horas).
Novas relacionadas
- A Universidade Popular de Corcubión prepara un Maio de Letras
- Unha lectura continuada de escritores galegos para o Mes das Letras en Corcubión.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).
- Universidade Popular Corcubión