Acumúlanse os eventos culturais en Corcubión

07:55 13/06/25
Acumúlase a axenda cultural en Corcubión ata o punto de solaparse dúas presentacións literarias esta fin de semana, e ter outros e eventos. A finde comeza esta tarde de venres cunha obra de teatro corcu-herculina.
É o sábado, ás 12:00h, cando colidan dúas presentacións de libro na vila de San Marcos:
- Por un lado, o Concello, no marco da súa presentación mensual, presentará na Sala Museo da Casa da Cultura a obra “Brincadeiras poéticas”, un proxecto que vén da man da Fundación Plácido Castro editado por Jacobo Domínguez e Xulio Ríos.
- En paralelo, o Centro Recreativo Cultura organiza no Casino, á mesma hora, a presentación de Nao Cetácea, o libro ilustrado do mariñeiro, poeta e ilustrador ceense, Xosé Iglesias, que está acompañado de Pepe de Oleghario.
Teatro escolar o Sábado pola tarde
Xa pola tarde , o sábado 14 xa ás 20h, nova cita co teatro co alumnado de infantil da Escola Municipal de Teatro acompañadas polo seu mestre Toño Casais, estrea da peza: “Delmira II e o Dragón Gutiérrez”.
Charla o Luns
E xa o luns, ás 20:00h, o Casino volve acoller, da man da Fundación Galiza Sempre, unha charla de Bieito Lobeira sobre o “Concerto Económico para Galiza”, estando acompañada pola concelleira Pilar Tubío.