Alertan do peche inminente do ISM de Corcubión
Nada se solucionou trala marea de concentracións e protestas desenvoltas durante o segundo semestre do ano pasado arredor dos recortes no Instituto Social da Mariña de Corcubión. Pero nada serve para frear o declive doutro servizo público en camiño da privatización a pesar do demoledor informe presentado en maio polo Tribunal de Contas.
Esta semana aparecía un cartel sinalando que non se van realizar labores administrativas.
Foi a Confraría de Muxía a que saltou a alarma durante a tarde de onte sinalando que ten coñecemento do “inminente peche (de novo) do ISM de Corcubión”. Un peche, denuncia, que causaría un enorme prexuizo aos mais de 200.afiliados de esta Confraría, sen ter en consideración a outros tantos afiliados xa xubilados”. Unha cifra que ascende ata 1.400 profesionais que viven do mar en toda a bisbarra.
Dende a confraría piden que, “como medida alternativa ao peche polo menos as oficinas permanezan abertas un mínimo de dous días á semana, e que persoal da Dirección Local de Fisterra se desprace a Corcubión para continuar dando o servizo”.
Dende a CIG, promotores de boa parte das protestas, informan que se trata dunha serie de traslados do persoal do centro, e que se vai eliminar a praza de administrativo. Ante isto a CIG amosou a oposición frontal a que non se realizaran os rexistros de documentos e a que na práctica supuña o peche da oficina do ISM de Corcubión. Ante este movemento a CIG denuncia que se está a levar adiante "o desmantelamento do ISM de Corcubión ao deixar sen funcións esta Dirección Local". Hai que lembrar que xa se intentou deixar sin efecto os recoñecementos médicos e vai ser o seguinte paso que dea o ISM para pechar definitivamente este local.
Dende o grupo Sempre Corcubión tamén lamentan esta forma de proceder e piden que dende o concello de Corcubión, o alcalde se preocupe en evitar este novo problema para Corcubión .
NOVAS SOBRE O ISM
- Maio 21: O Tribunal de Cuentas emite un informe demoledor sobre modelo privatizador dos ISM.
- Febreiro 21: Unanimidade no Parlamento Galego para que o Estado manteña os ISM de Corcubión e Muros.
- Outubro 2020: 150 profesionais do mar concentráronse pola recuperaión do servizo médico no ISM de Corcubión.
- 09-10-2020: O colapso dos ISM fai peligrar a validez do recoñecemento médico obrigatorio dos mariñeiros/as.
- 28-09-2020: Critican a falta de contudencia dos alcaldes/as socialistas da comarca ante o posible peche do ISM.
- 25-09-2020: A Subdelegada do Goberno recoñece que non se pode cubrir a praza de médico do ISM pero afirma que non se vai pechar.
- 24-09-2020: A directora do ISM non cobre a praza do médico, deixa aberta a porta ao peche e mesmo fala de privatizar o servizo.
- 14-09-2020: ISM e xubilación: O BNG escoita as demandas do sector do mar en Corcubión.
- 09-09-2020: “As respostas que nos dan ante a falta de servizo do ISM son un vacile”.
- 09-09-2020: Novas queixas ante a reiterada baixa do médico e o posible peche do ISM de Corcubión.
- 08-09-2020: Alertan da posible perda do servizo do ISM de Corcubión.
- Agosto 2020: Os profesionais do mar denuncian a falta de médico para realizar o recoñecemento médico obrigatorio.