Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Un voto pintado pode retrasar a investidura en Corcubión

Voto de PP rotulado en Corcubión
O Voto do PP rotulado que mantén en vilo a Corcubión
Un voto pintado pode retrasar a investidura en Corcubión

O vindeiro sábado 17 de xuño é o pleno de investidura d@s nov@s, ou reelexid@s alcaldes/as tralos comicios locais do pasado 28 de maio. Pero en Corcubión, a máis que segura investidura do candidato do BNG Francisco Javier Domínguez “Drok”, se cadra a cousa alóngase ata mediados de xullo.

Un voto pintado ten paralizada a situación política. Durante o reconto na mesa non se puxo impedimento para dar por válido un voto para o PP dunha papeleta pintada lixeiramente. Pero en Corcubión cada voto vale moito, e ao final do reconto decatáronse de que ese voto determinada un segundo concelleiro para o PP, deixando fóra ao grupo PACOR.

Inmediatamente o seu candidato, e durante esta lexislatura edil importante na gobernabilidade da vila, José Ramón Rojo, presentou un recurso ante a Xunta Electoral local. Pero a Xunta corcubionesa enviou o asunto á Xunta Electoral Central, que este mesmo venres tería que emitiro o veredito sobre o devandito voto: se o dan por válido materíase o segundo edil para o PP; se non ese edil pasaría a ser de Rojo.

”O voto ese do PP ten que ser nulo, tal e como está a normativa”, sinala con rotundidade José Ramón Rojo, deixando claro que quen debería solventalo sería a Xunta Electoral de Corcubión, non a central. De calquera xeito, se mañá non hai veredito final, ou se hai outro recurso, a investidura de Dro retrasaríase para mediados de xullo.

Goberno en minoría

Mentres, o renovadisimo BNG, con Drok, Francisco Santiago López, Lois Lado (o único que queda da anterior lexislatura) e María Bella, mantén contactos co resto de grupos para ver se gobernar en minoría, o que parece máis probable, ou formar goberno con Sempre Corcubión. Co compromiso do tamén renovado PSOE (o aínda alcalde en funcións Lalo Insua e a súa segunda Manuela Fdez xa anunciaron que deixan a súa acta a Pepe Louro, aínda edil de Cultura en Funcións, e Jorge Domínguez) de non entorpecer a investidura, e coa sensación de que o ambiente político estará moito menos tenso que na última década, o BNG formula a posibilidade de ter acordos puntuais para proxectos de interese común como os orzamentos… ou formar ese goberno un González que xa en 1992 era concelleiro co BNG de Rafael Mouzo.

A idea do grupo de goberno do BNG, en calquera caso, vai ir enfocada a “diferenciar Corcubión do resto de vilas da Costa da Morte, porque o é e ten un potencial especial”.

NOVAS RELACIONADAS

Comentarios