Domingo. 08.09.2024
El tiempo

Borja Insua talla a vida en Corcubión

Borja Insua talla a vida en Corcubión
Borja Insua Talla a vida

Durante o mes de setembro, a máxica Capela do Pilar de Corcubión cobrará vida. A vida que lle darán as obras de Borja Insua, esas obras que “latexan”. Este multidisciplinar artista corcubionés, volve á súa terra logo dun ano por Cuba, aprendendo cine e percorrendo o país cos seus títeres, a súa máis habitual forma de expresión.

Pero Borja tamén talla, e dalle á madeira outras vidas, como as da nova exposición que precisamente se chama “Tallar a vida”.

Poderíamos dicir moitas cousas, pero parece que María Lado define moito mellor a obra na web da Universidade Cromática das Virtudes, así que pasen e lean.

A revista que vertebra

Mentres, a revista da Universidade Cromática, a Thaumazein VII, xa está por librerías de toda a contorna, vertebrando a Costa da Morte a través do pensamento. Xa a podedes atopar na Librería Miguens de Malpica, na Tenda dos Libros en Ponteceso, na librería Torre Penedo de Laxe e na Librería Roget de Vimianzo.

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios