xoves. 08.05.2025
El tiempo

Cantos traballadores ten un Concello?

Cantos traballadores ten un Concello?

Esa é unha das típicas preguntas que sempre están enriba da mesa e que poucas veces sabemos contestar con cifras. E cando as sabemos, tampouco é fácil valorar ata que punto son cifras normais ou excesivas, pero o caso é que a política laboral dun Concello roza moito o aspecto social. Hoxe, aproveitándonos do BOP botamos un ollo ás cifras no Concello de Corcubión.

Aló por comezos de xullo, o Concello de Corcubión quedaba pendente dunha posible moción de censura trala cuestión de confianza presentada polo alcalde relativa aos orzamentos 2013. Abriuse pois un prazo de 30 días para ver se a oposición presentaba esa moción, que ao final, non se levou a cabo, polo que os orzamentos quedan automaticamente aprobados.

Onte, o Boletín Oficial da Provincia publicaba a Aprobación definitiva dos Orzamentos municipais 2013 do Concello de Corcubión, onde podemos ver os orzamentos máis grosos así como o cadro de persoal.

Vemos que o Concello de Corcubión conta cun orzamento de máis de 1,3 millóns de euros para este 2013.

O caso é que o gasto en persoal supera a metade do orzamento (697.000€), con diferencia a partida máis importante. I é que vemos que nun concello coma este, con apenas 1.800 persoas censadas, conta con 5 funcionarios e 24 postos de persoal laboral.

Iso si, os que non reciben salario ningún son os postos políticos, unha vez que a oposición negouse a aprobar dedicación algunha.

Persoal funcionario e laboral do Concello de Corcubion

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios