Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Corcubión acolle unha xornada de reflexión e debate sobre o "sacrificio do territorio"

Boca de SApo-Corcubion-cdm-sacrificio-con-logos copia
Corcubión acolle unha xornada de reflexión e debate sobre o "sacrificio do territorio"

A Capela do Pilar acolle o vindeiro sábado 26 de novembro unha xornada de reflexión e debate sobre o noso territorio. A Comunidade Eco-Social Boca de Sapo organiza unha sesión na que afondará o papel da sociedade na loita contra o “extractivismo”, o espolio do espazo natural a mans dos proxectos económicos-industriais.

A xornada abrirase coa proxección dun documental sobre “A Ruña”, realizado por Boca de Sapo, no que se destaca a riqueza natural da contorna deste monte mazaricán ameazado por unha estación de bombeo.

De contado, haberá unha mesa e unha conversa coa antropólga Taisa Lewitzki, que falará da problemática do eucalito en Brasil, facendo unha viaxe de ida e volta dende o outro lado do Atlántico.

A inauguración da exposición de fotos da natureza da contorna de Javier Carballo completará a sesión.

Novas relacionadas

Comentarios