martes. 17.06.2025
El tiempo

Corcubión artella dous roteiros á Moa e por Cabana

Corcubión artella dous roteiros á Moa e por Cabana

O Concello de Corcubión organiza unhas novas Xornadas de Sendeirismo e convivencia. O domingo dia 1 de Maio con saída as 9:00 da praza de Castelao con destino o Pindo para realizar a subida a Moa pólo Fieiro, un percorrido de 10 Km. para alcanzar o cumio do monte Pindo.

Dende este lugar divisamos impresionantes vistas sobre unha amplía zona costeira. Cara o norte, verase o embalse de santa Uxía, as terras da parroquia de Arcos e os montes da Ruña; ó sur, poderase a extensa plaia de Carnota; e cara ó oeste, o cabo Fisterra, a inmensidade do océano, a ría de Corcubión e as illas Lobeiras. A os pes do monte, a vila do Pindo e do Ézaro e a desembocadura del Xallas.<&p>

Roteiro por Cabana

O Domingo día 15 de Maio, tamén con saída ás 9:00 da Praza comezará a saída da Ruta polo entorno do concello de Cabana de Bergantiños, combinando as vistas paisaxísticas coa visita a lugares de interése prehistórico como o Dolmen de Dombate e o castro A Cidá de de Borneiro.

Máis información e inscricións

As preinscripcións poderán facerse nas oficinas do Concello ou no Pabillón Polideportivo e tamén chamando ó 981 745 400 / 981 746 753.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa do Departamento de Deportes do Concello de Corcubión.

Comentarios