venres. 24.01.2025
El tiempo

Corcubión declara o 2 de decembro «Día da memoria histórica da Costa da Morte» na honra de Pepe Miñones

Homneaxe Pepe Minones Corcubion Dia Memoria Historica
Corcubión declara o 2 de decembro «Día da memoria histórica da Costa da Morte» na honra de Pepe Miñones

Este luns 2 de decembro, ás 19:45h, Corcubión celebrou un acto na memoria de Pepe Miñones. A Asociación Boca de Sapo fixo a súa entrega floral diante do monolito situado na Praza Castelao, con motivo do 88 aniversario do seu asasinato.

Boca de Sapo quixo facer memoria deste xeito a Pepe Miñones e a todos e todas os represaliadas pola barbarie fascista, convertindo a data no «Día da memoria histórica da Costa da Morte».

No acto estivo presente Alex López presidente da asociación ecosocial e cultural Boca de Sapo, Rafael Mouzo membro da directiva de Boca de Sapo e ex-alcalde do Concello de Corcubión e o actual rexedor de Corcubión Xabier Domínguez "Drok”.

Concentración por Palestina

Concentracion en Corcubion por Palestina

De seguido, a praza de Castelao acollía unha nova concentración de solidariedade co pobo palestino, convocada pola Coordenadora Galega de Solidariedade con Palestina (CGSP) e apoiada polo BNG Costa da Morte.

Douse lectura a un manifesto no que se recalcou que Palestina, como o resto de pobos do mundo, teñen dereito á súa autodeterminación. Deixando claro que a loita do pobo palestino é de toda a humanidade e non nos é allea.

No manifesto denunciaron “a desidia de quen nos goberna, porque xoga a favor do imperialismo e contra a paz e a xustiza para os pobos. Así como a equidistancia da Unión Europea, cuxos portavoces aseguran que cumprirán a lei e deterán Netanyahu se sae de Israel, pero se negan a dar nin un paso máis para forzar, con destinvestimentos, sancións e boicotes, o fin do xenocidio”.

Tamén se reprobou o silencio absoluto da Xunta de Galiza e de Alfonso Rueda, que nin sequera respondeu ás solicitudes de reunión que a CGSP lle ten proposto.

Máis novas

Comentarios