Sábado. 11.07.2020
El tiempo

Corcubión forma monitores de tempo libre

Corcubión forma monitores de tempo libre

A Concellería de Servizos Sociais do Concello de Corcubión informa de que se abre o prazo pra matricularse no curso de "Monitor de Tempo Libre". Unha aposta para os mozos da zona, que poden, al longo das fins de semana de inverno, prepararse para traballar durante o verán en campamentos.

Este curso, organizado pola empresa FESAN, Escola de Tempo Libre coa colaboración do concello de Corcubión, está homologado pola Xunta de Galicia. Poderán inscribirse no mesmo, todos os maiores de 18 anos, coa titulación de ESO ou equivalente.

O curso constará de dúas partes, unha teórica de 200 horas e outra de 150 horas de prácticas.

Máis información e inscrición

As persoas interesadas que desexen recibir máis información sobre o prezo, inscrición, horarios etc, poderán dirixirse ao departamento de Servizos Sociais do Concello, ou chamando ao teléfono 981745400.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa do Concello de Corcubión.

comentarios