Corcubión presenta o novo programa de conciliación para o verán
10:40 30/05/22
A Concellería da Muller e Igualdade do Concello de Corcubión pon en marcha, un ano máis, o recurso para a conciliación no verán Tempo de Lecer, que se desenvolverá durante os meses de xullo e agosto e que ten como destinatarios ás e os menores de 4º de infantila a 6º de primaria, residentes en Corcubión e/ou escolarizados no CEIP Praia de Quenxe.
O prazo de preinscrición será do 1 ao 22 de xuño, polo que as familias interesadas poderán recoller a instancia no Departamento de Servizos Sociais onde se lle facilitará ademáis calquera outra información.