Sábado. 07.09.2024
El tiempo

COSAL achega a voz dos Jíbaros a Corcubión cunha documental e unha charla

COSAL achega a voz dos Jíbaros a Corcubión cunha documental e unha charla
Unha documental sobre os Apash coa súa directora chega a Corcubión

Volven as actividades arredor do Colectivo COSAL. Deta volta toca proxectar unha película-documental sobre o Perú e parte da súa poboación indíxena na Amazonía, de título "Apash, os de fóra". Contarán, ademais, coa presenza da súa directora, Cora Peña, para poder facerlle as preguntas que fiquen sen resposta.

"Cremos que esta é unha magnífica oportunidade de nos achegar a pobos que levan anos en crise, mais no seu caso o que está en xogo é a súa supervivencia", explica Chicha Martínez. "E poder facelo a través da ollada dunha muller galega e a súa experiencia, é todo un luxo".

A cita será este sábado 27 de abril, ás 20:00 da tarde, na Capela do Pilar (cedida pola Universidade Cromática das Virtudes) en Corcubión.

Novas relacionadas

Fonte

  • COSAL.

Comentarios