Venres. 03.05.2024
El tiempo

2ª Autonómica: O Sofán salva un tenso derbi e segue a estela do Outes

2ª Autonómica: O Sofán salva un tenso derbi e segue a estela do Outes
Imaxe do Cabana-Corme-Foto-Oscar Santos Bazarra patrocina as crónicas do ACB Costa da Morte - Coñece as nosas ofertas en neumáticos

A xornada 13 da 2ª Autonómica, ademais de estar marcada polos Cromos, viviu unha xornada completa. Sobre todo no derbi carballés, que foi tenso e intenso e non se decidiu ata último minuto permitindo que o Sofán poida seguir os pasos dun Outes que non frea. 4 puntos de vantaxe teñen os de Manu Roque sobre os de Pablo Mallón, que suman 2 máis que o Zas de Iván Cancela, que non pasaba do empate ante o Volantes. Corme e Cee veñen por detrás pero poden engarcharse cun par de bos resultados, ao igual que o Fisterra e o Castriz que parece que se van entonando.

Fisterra - Muros (3-1)

  • FISTERRA: Joselu, Manuel Cartamil (Robertín, min.55), Julito, Sergio Manín, Dani (Antonio, min.75), Bebeto, Tati (Santi, min.70), Tony (Mario, min.75), Aitor, C. Hidalgo (Munitis, min.80), Bruno.
  • MUROS: Fabio, Ramón, Veloso, Dani, Ramón, Gelo, Jesús, Gabo, Eloy, Sexo, samu. Tamén xogaron: Adrián, Juanche.
  • Goles: 1-0, min.15: Aitor; 1-1, min.55: Sexo tras un pase longo de Samu; 2-1, min.60: Bruno; 3-1, min.75: Bruno.
  • Expulsión: Bebeto tras unha dura entrada ao final a Juanche (min.80).

Necesitaba unha vitoria máis ou menos clara o Fisterra para enderezar o rumbo, e foi contra o Muros. O cadro de Nieto empezou moi durmido, e xa no primeiro minuto de partido o Fisterra chegou á porteria visitante, pero o primeiro gol chegaría tras unha xogada protestada polos visitantes por considerar que saíra por liña de de fondo. Gol tempraneiro que cambiaba o partido e a partir de aí se puña moi moi igualado e cun xogo algo duro.

O Muros, co vento en contra, sufru nos primeiros 45 minutos. Chegaríase 1-0 o descanso, e co partido moi igualado chegou o gol do empate, tras un pase en longo de Samu a Sexo pola banda esquerda e este non perdoaría. Uns minutos despois o Fisterra volvería meterse por diante no marcador, tras unha xogada na que o dianteiro se levou un rebote dentro da área.

O Muros seguíao intentandoo pero sen crear moito peligro, e sen aproveitar o vento a favor. E cara o final sentenciaba de vaselina o Fisterra. Aínda houbo tempo xa no desconto, para expulsión de Bebeto que lanzou unha patada a destempo a un xogador muradán e viu o cartón vermello.

Cabana - Corme (2-4)

Juan Chans transforma un penalti no Cabana-Corme-Foto-Oscar Santos
  • CABANA: Chechu (Añín, min,65), José, Eloy, Charli (Ismael, min.75), Iván, Fariña, Sandro (Dani Mato, min.35), Fernando, Berti (Eloy Pereira, min.60), Josiño e Iván Mato (Diego, min.60).
  • CORME: Javi, Adolfo, Dani (Manu, min.65), Pandi (Antoniño, min.80), Sergio (Jesús, min.55), Alejandro, Miguel Torrado, Toniño, Adrián Doldán (Diego, min.30), Juan Chans e Lucas.
  • Goles: 0-1, min.25: Miguel Torrado de cabeza nun córner; 0-2, min.40: Juan Chans de penalti sobre Toniño; 1-2, min.48: Iván de Treos ras un córner; 1-3, min.55: Toniño nunha contra; 1-4, min.65: Juan Chans noutra rápida contra; 2-4, min.85: Josiño de penalti.
  • Expulsión: Fariña por segundo cartón (min.40).
  • Lesión: Adrián Doldán cunha escordadura de nocello.

Aguantaron algo os cabaneses pero xa no minuto 1 chegaba o Corme á meta defendida por Chechu. O cadro cabanés desfacíase do dominio visitante pero Miguel Torrado abría a conta para os cormeláns. Ao fío do descanso chegaba a xogada clave, cun penalti sobre Toniño que provocaba ademais a expusión de Fariña.

Quedaba con 10 o Cabana e co 0-2 no marcador, e así e todo saía a por todas na segunda, Iván de Treos recurtaba nun barullo tras un córner, pero en dúas contras aproveitando a defensa de 3 do Cabana, Toñino mataba o partido, e Juan Chans o remataba.

Josino marca de penalti no Cabana-Corme-Foto-Oscar Santos

Camelle - Castriz (1-3)

  • CAMELLE: Porrúa (Carlos de Dido, min.30), Chuchi (Jesús, min.85), Baliña, Martín, Matías, Javi, Miguel, Super (Adrián, min.55), Adrián da Barca, Sergio e Mario.
  • CASTRIZ: Juan, Rubén (Sergio, min.55), Agra, Álex, Jose, Bruno, Cili, Chinda (Martín, min.60), Víctor (Esteban, min.65), Luís e Pichín (Fabio, min.70).
  • Goles: 0-1, min.35: Chinda; 1-1, min.40: Adrián da Barca; 1-2, min.50: Luís; 1-3, min.55: Pichín.
  • Lesión: o porteiro camellán Porrúa.

Foi superior o equipo xalleiro en todas as liñas neste partido. Saíu mellor o Castriz xa dominando e indo polo partido, ante un Camelle que bota en falta todas as baixas como Barreiro, Riveiro... De feito, tivo que meterse de porteiro Carlos de Dido pola lesión de Porrúa, e pouco puido facer para evitar a derrota.

Acabouse o partido ao comezo da segunda metade cos goles rápidos de Luís e Pichín. Puideron caer máis pero o marcador non se moveu ante unha afección que a pesar da derrota seguía animando ao equipo... e intercambiando cromos!!

Porteño - Mazaricos (1-1)

Porteno-Mazaricos -Foto-Sara Ramos
  • PORTEÑO: Bonano, Pejo, Juan Antonio (Elvis, min.65), Caamaño, Iago, Doyle, Cousillas, Marcos, Óscar, Piti e Brais (Michael, min.50).
  • MAZARICOS: David, Estéfano, Chico, Rodri, Tuco (Ferreiro, min.90), Ricardo, Coxo, Esteban, David (Molinos, min.80), Sandelo (José Ángel, min.46) e Kevin (Casais, min.90).
  • Goles: 1-0, min.15: Piti; 1-1, min.83: Kevin.
O Porteno con Felipe-Foto-Porteno

Arrincaba o partido co cadro local amosando o seu apoio a Felipe cunhas camisolas de ánimo. Un Felipe que está esperando a pasar polo quirófano tras romperse os ligamentos do xeonllo.
Foi un partido moi apretado, cun xogo moi directo polos dous lados. Marcou o Porteño e a partir de aí o Mazaricos viuse algo arriba. O Mazaricos tivo varias ocasións pero esteban tivo un par de mans a man que fallou na primeira. Nada máis empezar David mandou fóra tamén un man a man. Os da Ponte pediron 3 posibles penaltis que o colexiado non viu mentres Alinhos quedou contento por poder ver de novo a José Ángel de amarelo sobre o céspede.

Porteno-Mazaricos-Foto-Porteno

Volantes - Zas (1-1)

  • VOLANTES: Jota, Juan, Miguel, Mingos, Nimo, Martín (Edu, min.80), Varu, Moja, Adri (Pardelo, min.55), Brais (Piru, min.75), Ivi (Gabi, min.65).
  • ZAS: Anxo, Martín (Damián, min.70), Pereiro, Óliver, Víctor Vecino, Canedo, Lagoa (Amado, min.85), Pablo Fuentes (Fabián, min.75), Samuel (Pablo Lestón, min.55), Rubio, Isma.
  • Goles: 1-0, min.30: Martín nunha contra; 1-1, min.70: Isma en velocidade tras un saque longo de Anxo.

Partido moi igualado no Eleuterio Balayo con dúas grandes afeccións. Comezou o Volantes, que xa case ten o equipo completo ás ordes de Felipe, máis metido no partido ante un Zas demasiado relaxado. Avisou o Zas cun remate de córner de Víctor Vecino e cun remate de Pablo Fuentes que sacaron baixo paus os defensas. Marcou Martín para os locais pero non souberon controlar o balón e o Zas fíxose co partido a base de forza e brega. Un man a man de Rubio foi a mellor ocasión dos zasenses nese treito.

Na segunda pechouse atrás o Volantes, que sufriu moito ante as embestidas do equipo de Iván Cancela. Despois do empate o partido relaxouse e apenas houbo ocasións máis que unha falta que mandou pegada ao pau Pablo Lestón e un penalti que pedía o propio xogador.

Sofán - San Lorenzo (2-1)

Sofan-San Lorenzo-Foto-Jorge Parri
  • SOFÁN: Lerma, Santi (Alberto, min. 61), Marcos Pensado, Pablo Martínez, Eloy Boedo, Jorge Calvete, Martin, Ivan Rojo (Michel , min.96), Brais (Suso Docampo, min.75), Bertín (Gustavo, min.95) e Raúl.
  • SAN LORENZO: Gabri, David Álvarez, Adrian, Casillero, Germán, Schuster, Cachizo, Chucho (Eloy, min.82), Velo (Anxo, min.77), Dani e Joaquín.
  • Goles: 0-1, min.38: Cachizo tras un saque de banda que peitea Chucho; 1-1, min.68: Iván Rojo de centro chut que puido peitear Raúl; 1-2, min.95: Jorge Calvete nunha contra.
Sofan e San Lorenzo con Marcial-Foto-Jorge Parri

Partido deses dos que fan afección no Carral. 450 siareiros nas bancadas para ver este derbi carballés, dos máis aguerridos da volta, e ademais de berrar ventilaron centenares de álbumes e sobres de cromos. Antes de empezar, os dous conxuntos tiveron un gran detalle co ex presidente do equipo de Verdillo, enfermo nas últimas datas e ao que lle enviaron todos ánimos para que se recupere canto antes.
Foi un choque de entrega, de garra, e moi igualado a pesar da distancia na táboa, pero iso si, con pouco fútbol, no que o empate tería sido o máis xusto pero o gol no desconto de Calvete deixou os puntos no equipo de arriba.

As xogadas a balón parado foron as protagonistas i é que co pequeno campo do Carral e a experiencia dos dous seguimos na estratexia, parecía que os goles ían chegar por aí. Chegaba así o gol inicial do equipo de Gueli antes do descanso, tras unha primeira metade no que o San Lorenzo dominou máis dende o principio, con Schuster ao mando das operacións. Tivo o Sofán un par de boas ocasións, destacando unha que marrou Bertín.

Na segunda o prtido foi disputadísimo, tenso e intenso. A dureza facíase co partido e as bancadas mantiñan quente o choque. Empato a SD e o partido sería tremendamente intenso. Lerma tiña que sacar unha man a un cabezazo Dani e cando o partido esmorecía co empate xa aceptado por todos, unha boa contra de Calvete mataba o partido.

Cómpre destacar a volta do porteiro Lerma aos campos da Costa. Debutaba na porteria sofanista, ante a lesión de Dani e a baixa por temas laborais de Bugy..

Carnota - Cee (2-2)

Nico-volvia-a-Lombans-Foto-UC-Cee
  • CARNOTA: Luís De la Peña, Ferreiro, Tono da Caixa, Pedro Pichín, Manolo Chouza, Fernando (Pablo Beiro, min.55), Poyo, Pumuky (Iván, min.84), Adrián (Manuel, min.66), Rodrigo e Nakata.
  • CEE: Parroto, Nico, Jorgito (Javi, min.75), Berto, Carlos Leis, Piquero, Yayá (Rodri, min.61), Angeliño (Jacobo, min.61), Diego Cespón, Cristian e Josiño.
  • Goles: 0-1, min.44: Piquero; 1-1, min.49: Ferreiro de penalti; 2-1, min.59: Pedro Pichín; 2-2, min.91: Luís De la Peña en propia meta ao intentar despexar un centro de Nico.

Cuarto empate consecutivo para o Cee e gracias, pois acadou un punto no desconto e cun gol en propia meta do porteiro carnotán. O choque comezaba co Cee tocando e avisando cun par de tiros de Josiño e Cristian. Poyo tamén respostaba para os de Cambeiro, demostrando que non se ían conformar co 0-0. Ao fío do descanso chegaba o gol visitante por edio de Piquero tras un centro de Carlos Leis e coa mala sorte do capi carnotán.

Saíu o Carnota polo empate na segunda pero as dúas primeiras foron para o Cee, cunha gran falta e un córner directo de Diego Cespón que saca Luís. Ferreiro empataba na segunda xogada tras unhas mans de Berto, e con este tanto o Carnota se veu arriba. Comezou a entrar na defensa ceense e Berto tiña que cortar providencial unha internada de Adrián. Aos quince minutos do segundo tempo chegaba o segundo gol para o Carnota, cun remate de Pedro Pichín nun un córner.

O Carnota puido sentenciar á contra pero os seus dianteiros non estiveron acertados. E o Cee foise vindo arriba os últimos dez minutos en busca do empate. Rodri a pase de Jacobo, que voltaba a Lombáns ao igual que Nico, e Piquero a centro e Rodri non acertaban. E o empate tiña que chegar tras un centro de Nico pero Luís despexaba e o facía para dentro.

Outes - Indep. Carballo (6-0)

  • OUTES: Gato, Saúl (Damián, min.75), Rubén, Chúa, Borja, David (Poke, min.65), Chía (Fabio, min.46), Martín, Barral (Migui, min.55), Elías, Arturo (Mosto, min.70).
  • IDC: Diego, Yoni, Belar, Atu, Dani, Cholo, Pichel, Fraga, Manu, David e Mario. Tamén xogou: Adrián.
  • Goles: 1-0, min.10: Arturo; 2-0, min.30: David de penalti sobre Martín; 3-0, min.55: Elías; 4-0, min.65: Elías; 5-0, min.70: Elías; 6-0, min.80: Migui.

Con 12 chegou Rafa ao Conchido e non puido aguantar as embestidas do líder. Marcou pronto o Outes, e prointo Elías, que suplía a un sancionado Piki con moitas garantías, tivo varias para ampliar a renda. Tivo o IDC o empate pero Gato salvou dúas xogadas que puideron cambiar o partido.

A profundidade de plantel do Outes permite que Roque poida rotar, pois a diferencia entre os titulares e mesmo os que quedan fóra das convocatorias é mínima. Co 2-0 á media hora xa case que acabou o partido, e parece que se están acostumando a ir tan ben os máis de 350 afeccionados do Outes que enchen no Conchido.

Buño - Corcubión (5-0)

  • BUÑO: Toni, Ángel (Casais, min.65), Rubén, Diego, Iago, Dani, Gurita (Miguel Dourado, min.60), Dourado, Charro, Elías, Fran Borrazás.
  • CORCUBIÓN: Antonio Perlón, Antón Trillo, Senra, Gabi, Xabi, Alán, Edu, Alberto, Balucho, Anxo e Mario Mini (Checho, min.55).
  • Goles: 1-0, min.11: Gurita; 2-0, min.26: Charro; 3-0, min.61: Dani; 4-0, min.75: Charro; 5-0, min.78: Charro.
  • Expulsión: o corcubionés Gabi (min.50).

Con 12 se prantaba o Corcubión en Buño e o cadro de Esmorís foi superior en todo momento. Xa case sentenciaron na primeria media hora ante un Corcubión romo arriba polas baixas.

Novas relacionadas

O Album de cromos do #FutboldaCosta

Máis información

Crónicas da semana

Artigos relacionados

Fonte

Comentarios