Venres. 03.05.2024
El tiempo

Preferente: O Dumbría frea ao líder eo XSC non esperta

Preferente: O Dumbría frea ao líder eo XSC non esperta

Centrábase a xornada 15 da Preferente nas Eiroas. O Bergantiños, que viña de celebrabar os seus 90 anos de historia, recibía ao Dumbría, e o cadro dumbriés conseguía un empate que frea a marcha implacable dos carballeses.

Ademais, o Soneira non pasaba do empate a 0 na casa ante o Castro, e segue en apuros, mentres que tivo lugar 5ª derrota consecutiva do XSC, que pasou da 2ª praza á 12ª en tan só 5 xornadas. Desta volta non trouxo nada de Ribeira, nun partido que se lle puxo de costas dende os primeiros minutos.

Bergantiños - Dumbría (1-1)

  • DUMBRÍA: Julián, Tantán, Óscarín (Rudi, min.65), Aarón Fdez., Pablo Conde (Rivi, min.80), Aarón López, Adrián Makaay (Dani Casal, min.77), Doro (Luisito, min.85), Pablo Muíño, Iago.
  • Goles: 1-0, min.60: Miguel Loureiro; 1-1, min.62: Doro.

Freou o Dumbría ao líder nas Eiroas ante unha boa entrada, que así e todo non se pareceu á do derbi carballés no Carral. Comezaba o choque con moito respecto, e dous equipos que se examinaron durante o primeiro tempo, cun Bergan tocando algo máis e un Dumbría moi ben prantado sore o terreo de xogo, e que non deixaba achegarse.

O movemento chegaba a fío do descanso e o Dumbría chegaba nunha contra con perigo ao tempo que o Bergan pedía penalti sobre Iago.

Comezaba a segunda con máis ritmo, e de contado aparecían as ocasións. Adrián Makaay puido abrir o marcador pero foi Miguel Loureiro pouco despois o que o facía para os locais nunha xogada individual e ante a pasividade da defensa dumbriesa. Sen tempo a disfrutalo, Doro facía o empate, e de non ser por un for de xogo faría o segundo. Tamén tivo o partido o Bergan pero Aarón Fdez. savou o tanto baixo paus.

Atl. Riveira - Xallas StComba (2-1)

  • XSC: Diego, Rubén Forján (Arnejo, min.60), Cristian (César, min.58), Alberto, Rubio, Jonathan, Darío (Iván Forján, min.70), Marcos, Richi (Héctor, min.58), Jesús, Alfonso.
  • Goles: 1-0, min.10; 2-0, min.15; 2-1, min.90: Arnejo.
  • Expulsións: Dous xogadores locais no treito final do partido.

Non trouxo nada bo o equipo de Julio Martínez de Ribeira. O cadro xalleiro vía como o partido comezaba moi de cara para os da Barbanza con dous goles tempraneiros que marcaron o ritmo do choque. Reaccionou o XSC pero xa era algo tarde. Durante máis de unha hora o cadro visitante foi superior, tocou e dominou e chegou con pero pero só foi quen, a pesar de estar en superioridade numérica, de recurtar no minuto 90. Aínda tivo o desconto para meter o medo ao cadro local pero o empate nunca chegou.

Soneira - Castro (0-0)

  • SONEIRA: Víctor, Pichi, Brais, Sito (Cristian Canosa, min.75), Maikel, Fran de Urroa, De la Sierra, Riki (Richi, min.63), Chans, Javi e Basti.
  • Lesión: Sito lesionado dun xeonllo.
  • Expulsión: O local Basti (min.85) cun cartón vermllo directo por unha rigorosa agresión.

Partido soso no Municipal de Vimianzo entre un Soneira que o intentou pero non foi quen de rebasar o muro defensivo do cadro visitante. Os de Manolito saíron firmemente convencidos da necesidade de sumar para saír da zona baixa. Pero a pesar de dominar boa parte do partido non conseguíu mover o marcador. Quedou con 10 ademais no treito final por expulsión de Basti, nunha xogada algo dubidosa.

O porteiro Víctor, así como o porteiro visitante, foi do mellor do partido.

Novas relacionadas

O Album de cromos do #FutboldaCosta

Máis información

Crónicas da semana

Artigos relacionados

Fonte

Comentarios