Menuda fin de semana!! Foi todo un pracer facer de Santa Comba e da "/articulo/corcubion/a-noite-das-estrellas-do-futbol-da-costa/20131203090533074204.html">Gran Gala do Álbum de Cromos o punto de encontro de todo o Fútbol da Costa. Foi moi agradable ver xa fotos e fotos polas redes sociais dos cromos!! Tendes xa un repaso da gala, pero como esto non ten parada, xa repasamos unha nova xornada, esta a cabalo entre novembro e decembro.
E comezamos o repaso pola Preferente, que tiña o ollo posto nas Eiroas para ver a proba do Dumbría no campo do líder. Ao final, empate que mantén ao Bergantiños no máis alto e deixa ao Dumbría na 8ª praza, a 9 puntos do 3º clasificado. Mala, malísima a xeira do XSC que sumou a súa 5ª derrota consecutiva, desta volta en Riveira. Ademais, o Soneira sumou só un puntiño en casa ante o Castro e perderá a Basti para a vindeira xornada pola súa expulsión.
O partido da xornada, marcado pola necesidade, era na 1ª Autonómica. O Hermanas Patiño acollía o choque entre Camariñas e Ponteceso, e tras un choque tremendamente tenso o cadro local quedou cos puntos e sae dos postos de descenso, deixando ao Ponteceso pechacancelas e a 5 da salvación.
Polo demais, dous empates, do Malpica en Amio e do Baio en casa co Lamela, e unha derrota, da Esteirana en Agolada, quedando os tres en posicións cómodas.
A 2ª Autonómica mirou ao Carral, onde o derbi carballés era unha das citas máis interesantes. Foi o Sofán o que fixo valer a súa superioridade na táboa para quedar cos puntos e segue a 4 dun Outes que non baixa a marcha. A 2 do Sofán queda o Zas tralo seu empate co Volantes, mentres que Corme e Cee quedan a 8 do cadro sofanista.
Primeira derrota, e severa, do Baíñas na 3ª Autonómica, que o deixa empatado co Montelouro, que vencía nun campo difícil como é o de Xaviña de Cerqueda, ante un equipo cerquedán que non está tendo sorte. Parece que o Lira tamén está amosando as súas armas e xa se pon con 13 puntos, a só 2 do liderato, e cun de vantaxe sobre o Seaia, sorpresa da temporada, e Coristanco.
No tocante aos Xuvenís, polo Gr.3, o Dumbría segue ao seu, e foi a Esteirana a gran protagonista da fin de semana ao vencer o choque máis importante en Fisterra, deixando a 6 puntos da liguilla ao cadro fisterrán É o XSC o que marca o pase á liguilla, tras vencer, sufrindo, ao Outes. Ademais, o Cee, que descansaba, queda a 5 do cadro xalleiro.
Polo Norte, no Gr.4 o Cabana vencía ao Malpica e queda 2 puntos por abaixo pero cun partido menos. O Corme queda tamén a 2 tras vencer ao Castriz, quedando agora o Ponteceso a 3 dos dous equipos que marcan o psae á Liguilla tras non pasar do empate en Laxe. O Coristanco vencía ao Baio e estará pendente de posibles tropezos dos de arriba.
Derrota do Dumbría da División de Honra Cadete e vitoria do cadro dumbriés no derbi da Liga Galega Infantil.
Mentres, en Cadetes segue líder o Muros tralas 5 primeiras xornadas, tras vencer no derbi ás Baleas. Por detrás chega pegado o Fisterra.
Nos Infantís sorprendentes empates do Corme e do Fisterra en Muros ante os Miúdos e co Coristanco, respectivamente, que os deixan a 2 puntos do Cee, que machacaba ao Ponteceso.
Nos Veteranos, o Laxe segue liderando a 1ª División tras vencer con solvencia ao Baio. O Coristanco queda a 3 puntos tras non pasar do empate ante o Ponteceso. O Soneira, xa está aí.
En 2ª División, o Milagrosa vai como unha moto, pero Corcoesto, a só 2 puntos, Malpica e Camelle a 4 e Erbecedo a 5, non o deixan escapar.
E para rematar, na Liga Intermunicipios de Bergantiños, o Cances afiánzase no máis alto ao vencer ao segundo clasificado con rotundidade. Queda agora o Cereo a 4 puntos, os mesmos que o Baldaio.
| Atl. Riveira | 2-1 | Xallas StComba |
| Soneira | 0-0 | Castro |
| Bergantiños | 1-1 | Dumbría |
| Amio | 0-0 | Malpica |
| Baio | 0-0 | Lamela |
| Camariñas | 2-1 | Ponteceso |
| Agolada | 2-0 | Esteirana |
| Fisterra | 3-1 | Muros |
| Cabana | 2-4 | Corme |
| Camelle | 1-3 | Castriz |
| Porteño | 1-1 | Mazaricos |
| Volantes | 1-1 | Zas |
| Sofán | 2-1 | San Lorenzo |
| Carnota | 2-2 | Cee |
| Outes | 6-0 | Indep. Carballo |
| Buño | 5-0 | Corcubión |
| Corcoesto | 0-1 | Muxía |
| Castrelo | 0-5 | Seaia |
| Cerqueda | 0-1 | Montelouro |
| Lira | 2-0 | Nantón |
| Coristanco | 3-1 | Laxe |
| Ameixenda | 4-0 | Baíñas |
Liga Xuvenil, Gr.3, xornada 14
| Xallas StComba | 1-0 | Outes |
| Dumbría | 6-0 | Soneira |
| Muros | 5-2 | Lira |
| Fisterra | 2-4 | Esteirana |
Liga Xuvenil, Gr.4, xornada 14
| Corme | 3-1 | Castriz |
| Cabana | 3-1 | Malpica |
| Coristanco | 1-0 | Baio |
| Laxe | 4-4 | Ponteceso |
| Camariñas | 3-3 | Porteño |
| Xallas StComba | 2-3 | Dumbría |
| Fisterra | 7-0 | Outes |
| Baio | 0-4 | Coristanco |
| Cabana | 4-3 | Cee |
| Zas | 5-1 | Muxía |
| As Baleas | 1-4 | Muros |
| Xallas StComba | 10-1 | Corcubión |
| Cee | 14-0 | Ponteceso |
| Sofán | 2-4 | Cabana |
| E.M.F. Vimianzo | 7-7 | Muxía |
| Os Miudos | 4-4 | Corme |
| Fisterra | 3-3 | Coristanco |
| Outes | 1-5 | Esteirana |
Ligas de Veteranos, xornada 12
| Cabana | 3-1 | Xv. Bergantiños |
| Castriz | 0-0 | San Lorenzo |
| Soneira | 2-1 | Muros |
| Zas | 5-2 | San Román |
| Coristanco | 1-1 | Ponteceso |
| Dumbría | 4-0 | Nantón |
| Laxe | 3-0 | Baio |
| Bértoa | 2-0 | Camariñas Vet |
| Sofán | 1-4 | Leiloio |
| Malpica | 1-1 | Camelle |
| Erbecedo | 4-1 | Dep. Carballo |
| Porteño | 4-1 | Buño |
| Corme | 0-3 | Cerqueda |
| Agualada | 3-0 | Corcoesto |
| At. Milagrosa | 6-0 | Poniente |
| Peña Galicia | 5-1 | A Piña |
| Laxe | 2-5 | Sp. Seaia |
| Valenza | 1-2 | Sp. Brea |
| Cances | 5-2 | Cereo |
| Xornes | 2-2 | Baldaio |
Novas relacionadas
O Album de cromos do #FutboldaCosta
Máis información
Crónicas da semana
Artigos relacionados
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).