Venres. 03.05.2024
El tiempo

3ª Autonómica: O Montelouro alcanza a un Baíñas que sufría ante o Ameixenda a primeira derrota

3ª Autonómica: O Montelouro alcanza a un Baíñas que sufría ante o Ameixenda a primeira derrota
Lira-Nanton-Foto-CD NAnton

Chegou a primeira derrota, e dura, do Baíñas, trala 6ª xornada desta 3ª Autonómica. E foi ante un Ameixenda que segue mellorando. Agora, o cadro de Pato comparte liderato cun Monteouro ao que lle tocou sufrir, e moito ante un Cerqueda que está collendo o ritmo e parece que vai a máis, pero segeu sen sorte cara gol.

Ollo ademais co Lira, que parece o Atético de Madrid da Costa, e métese na loita.

Corcoesto - Muxía (0-2)

  • CORCOESTO: Manuel, Patelo, Pichu, Edelmiro, Ángel, Gonzalo (Alberto, min.70), Luís, Héctor (Couto, min.60), Rodri, Dani (Germán, min.46) e Cristian.
  • MUXÍA: José Antonio, Pesqui, Denís, Currás (Carreira, min.65), David, Víctor, Pereira, Javi (Ruso, min.70), Iván (Adrián, min.55), Carlos, Martín.
  • Goles: 0-1, min.25: Víctor; 0-2, min.40: Javi.

Unha parte para cada equipo e os tres puntos que marchan a Muxía, que así e todo parece algo mellor no cómputo global do partido. Un equipo de Juan Prado que comezaba mellor e se adiantou por medio do xuvenil Víctor. E foi demasiada losa para os cabaneses que puideron recurtar distancias sobre todo cun remate de Cristian dende dentro da área que se marchou alto. O Muxía, máis eficaz, foi xusto vencedor tralo segundo gol antes do descanso de Javi.

Pouco que contar da segunda metade, na que Iván e Javi puideron ampliar a renda.

Castrelo - Seaia (0-5)

  • CASTRELO: Iván, Estebo, Mario, Luís, Rodri (Marcos, min.50), Gatusso, Chapu (Rober, min.60), Félix (Óscar, min.75), Roi (Edreira, min.55), Miguel, David.
  • SEAIA: Jesús (Víctor, min.80), Lesi (Chenco, min.65), Serxio (Dani Navalla, min.75), Ramón, Vistas, Arián Parga (Michi, min.65), Alberto, Fala (Richar, min.55), Martínez, Camilo, Adra.
  • Goles: 1-0, min.4: Camilo culmina unha triangula con Alberto e Adra; 2-0, min.10: Alberto de cabeza; 3-0, min.55: Camilo tras unha parede con Agra; 4-0, min.70: Alberto de falta pola escuadra; 5-0, min.80: Richar a pase de Adrián Parga.
  • Expulsión: o meta local Iván no min.70.

Viña mellorando o Castrelo nos últimos choques pero en fronte tivo a un Seaia que fixo o seu mellor partido da tempada. Antes de empezar xa case que levaba dous no lombo o Castrelo cos goles de Camilo e Alberto. Baixaron os brazos os vimianceses que estando aí abaixo e recibindo dous goles, baixan en actitude.

Na segunda, a partir do terceiro acabou o partido rompéndose o equipo de Castrelo. Os vimianceses queixáronse fortemente da mala actutide do colexiado, que malia non influir no colexiado si que os sacou de quicio.

s

Cerqueda - Montelouro (0-1)

Cerqueda-Montelouro-Foto-Edu Olveira
  • CERQUEDA: Rubén, Manuel (Xabi, min.85), Dani, Santi, Pablo, Sergio, Uru (Bastón, min.80), Lorenzo, Darío, Pazos (Juanjo, min.55) e Eliseo (Carlos, min.40).
  • MONTELOURO: Isma, Pedro, César, Abel (José, min.75), Isma Cosme, Geico, Chema, Edu (Pablo, min.55), Benjamín, Dani Sahorta, Bruno (Pepe, min.46).
  • Goles: 0-1, min.77: Pepe aproveita un balbordo na área e caza un balón morto pola escuadra.
  • Lesión: Eliseo que se resentiu das molestias musculares.

Segue sen obter bos resultados o Cerqueda pero as sensacións foron moito mellores, xogando tan ben como o ano pasado, combinando moito pero sen acerto cara gol. O Montelouro tirou de veteranía, estivo moi ben armado o equipo de Jurjo que soubero aguantar e marcar no momento xusto.

Darío, Lorenzo e Eliseo foron os máis destacados do cadro cerquedán que durante a primeira metade se puido adiantar pero Uru xa fallou ao comezo un gol cantado cun remate de cabeza en prancha. Marcou Pepe cando quedaban 15 minutos e achucharon ao final os locais, ata pedindo un penalti no min.85 sobre Darío.
A nota positiva da UD foi a volta de Santi tras varios meses fóra, pois rompera os ligamentos na promoción do ano pasado ante o Camelle.

Cerqueda-Montelouro-Foto-Edu Olveira

Lira - Nantón (2-0)

Lira-Nanton-Foto-CD NAnton
  • LIRA: Simón, Joserra, Brea, Josiño, Javier de Milucha, Adrián, Fran Perico, Álex, Óliver, Cristian e Manu. Tamén: Santi, Aitor, Fran de Muros, Iago e David.
  • NANTÓN: Pollo, Eloy, Amado, Diego, David, Martín, Félix, Dani, Carlos Vidal, Iván.
  • Goles: 1-0, min.24: Óliver; 2-0, min.32: Fran Perico.
  • Expulsión: o liracho Fran de Muros estando no banco por sentarse na varanda.

Vitoria xusta do Lira nun encontro no que o Nantón regalou a primeira parte.Saiu o Lira coas ideas moi claras dende o principio: nada de complicacións en defensa e transición rápida do balón a zona de ataque. Na primeira parte o Lira dominou o xogou e creou tres ocasións claras, a primeira no minuto 19 cun tiro ó pau.

Adiántábase o Lira na segunda chegada cun tanto de Óli en posible fóra de xogo segundo os locais. Pouco despois, no minuto 32 o Lira pon terra de por medio co 2-0 tras un forte disparo de Fran Perico dende fóra que se cola lambendo o poste. O Nantón na primeira parte a penas inquiedou a portería do Lira. A única ocasión reseñable foi un disparo a saque de falta de Dani rexeitado polo porteiro e o posterior remate non o aproveita Iván, mandando o balón fóra con todo a favor para marcar. No minuto 43 o árbitro anula o terceiro gol ó Lira por fóra de xogo. Non era, e o gol debiu subir ó marcador.

Na segunda parte o partido tivo máis alternativas, sobre todo a partir dos cambios introducidos por Luís, baixa no 11 pero non no banco. Os últimos 20 minutos o Nantón, foi capaz de meter ó Lira na súa área e crear unhas cantas ocasións de gol que non foron quen de aproveitar: Amado, Iván e Cachi atopáronse cun inspirado porteiro que evitou o gol.

Lira-Nanton-Foto-CD NAnton

Coristanco - Laxe (3-1)

Coristanco-Laxe-Foto-SD Coristanco
  • CORISTANCO: Nacho, Marcos (Jorge, min.65), Rubio, Mato, Marquiños, Luís, Iván, Pazos (Juan, min.90), Magovi (Añón, min.55), Toniño (Bértoa, min.80), Facal.
  • LAXE: Anxo, Iván, Jacinto, Naya, Castro, Samuel, Saleta, Gora, Adrián (Manuel, min.75), Carra, Alberto.
  • Goles: 0-1, min.60: Carrabete; 1-1, min.70: Toniño; 1-2, min.80: Toniño de vaselina aproveitando unha autopista no medio da defensa laxense; 1-3, min.85: Añón tras un tiro de Jorge nunha contra.

Chegaban os dous equipos con moitas baixas e foi o Laxe o que comezaba dominando. I é que puido ser o o mellor partido da tempada dos de Toni, pero non acaban de ter sorte, sobre todo cara gol.

Comezaba o Laxe mellor prantado, tocando moi ben, dominando, e mesmo creando ocasións. Foi na segunda cando Carrabete adiantaba aos seus ante un Coristanco que estaba bastante descontrolado. Pero aí apareceron os regalos da defensa laxense que meteron no partido aos de Da Silva que non desaproveitaron os agasallos.

Melloraba o Coristanco e Toniño empataba. Pazos avisaba pero era o propio Toniño, e de fermosa vaselina o que facía o segundo. Aí o Laxe veuse de novo arriba con todo, pero era o Coristanco, nunha contra, o que sentenciaba e quedaba cos puntos.

Coristanco-Laxe-Foto-SD Coristanco

Ameixenda - Baíñas (4-0)

  • AMEIXENDA: Óscar Riolo, José Manuel, Miro, Camacho, Bruno, Bichiño (Pastecas, min.50), Álex, Brais (Demetrio, min.74), Borja, Chiru, Rioliño.
  • BAÍÑAS: Puto, Samuel, Héctor, Sancho, Sergio, Iván, Esteban, Cristian (Mario, min.46), Javi Suárez, Víctor, Tasky.
  • Goles:: 1-0, min.42: Álex de cabeza á saída dunha falta; 2-0, min.44: Rioliño nunha contra de media vaselina; 3-0, min.70: Álex nunha contra tras un tiro ao longueiro do Baíñas; 4-0, min.78: Álex a pase de Pastecas dende fóra da área.
  • Expulsión: o ceense Borja (min.80).

Víronse dous partidos no San Paio de Refoxos pois onde os locais viron case que un baño, os visitantes consideran que o resultado foi moi enganoso. O que parece claro foi que o Ameixenda foi moito máis efectivo que o Baíñas, e se Javi, Víctor e Tasky tiveron 3 sós co porteiro e tiraron os 3 fóra, ao fío do descanso o cadro local aproveitaba unha páxara dos visitantes para facer dous goles rápidos e deixar o 2-0 para ir aos vestiarios.

A xogada clave chegaba no ecuador da segunda. Cun Baíñas empurrando e chegando a facer perigo, Vícr lanzaba un chutazo que petaba no longueiro, e que puido botar dentro da liña de gol. E do posible 2-1 pasouse ao 3-0 na contra seguinte. Rompeuse o partido pero ao Baíñas seguiuse sen entrar e á contra matou de novo asinando un hat trick Álex, unha das revelacións deste comezo de tempada, malia que pouco ten que demostrar este rapaz que comezaba de central os pasados anos e que xa demostra ser un xogador total.

Novas relacionadas

O Album de cromos do #FutboldaCosta

Máis información

Crónicas da semana

Artigos relacionados

Fonte

Comentarios