Domingo. 28.04.2024
El tiempo

Liga FS Carballo: O Macaraná alcanza o liderato

Liga FS Carballo: O Macaraná alcanza o liderato
Construccions Brandon - S2 Informatica-Foto-David Castro

No Grupo Azul, o Construccións Maracaná alcanza o liderato logo da súa vitoria no mellor partido desta semana ante o Brasería Caracola (3-2) e a derrota do S2 Informática por 4 a 0 ante o Construccións Brandón, equipo que queda a tres puntos dos dous de cabeza.

No Grupo Vermello, mandan o Cervecería Troula e o Tasca A Cunca – Supermercado C&M, tras vencer ao Cafetería Habanos 79 (9-2) e o Peluquería Este – Oeste (5-1), respectivamente, xunto co Alicatados Señarís que tamén suma doce puntos tras a súa vitoria ao Bodegón Trincado aínda que cun partido máis. Neste grupo aínda non puntuaron o Habanos 79, o Dluxe Carballo e o SAT Xulián.

Crónica da semana: Carnicería Eusebio - Asesoría Cervantes (8-2)

Carniceria Eusebio-Foto-David Castro
  • Carnicería Eusebio: Parga, Camilo, Charro, Rubén e Uru. Tamén xogou: Pablo.
Asesoria Cervantes da Liga FS Carballo-Foto-David Castro
  • Asesoría Cervantes: Diego Puente, Tito, Pablo, Julio e Diego Ferreiro. Tamén xogaron: Alberto e Brice.
  • Goles: 0-1, min.8: Balón por banda para Alberto que saca un lanzamento que rexeita Parga e recolle o propio Alberto que cede para que Brice marque a pracer. 1-1, min.14: Xogada individual de Charro, que tras librarse da súa marca bate a Diego Puente cun lanzamento cruzado. 2-1, min.16: O rexeite dun lanzamento de Uru cáelle a Charro que bate a Diego cun gran tiro cruzado. 2-2, min.18: Gran xogada colectiva do Asesoría Cervantes que finaliza Diego Ferreiro. 3-2, min.21: Tras varios rexeites, o esférico cáelle a Rubén que bate a Diego coa inestimable colaboración do porteiro. 4-2, min.26: Internada de Camilo que cede para que Rubén supere ao gardamallas visitante por arriba. 5-2, min.28: Contragolpe do Eusebio e Uru cede para que Camilo marque a pracer. 6-2, min.33: Contragolpe dos locais que finaliza Charro en liña de gol. 7-2, min.36: Transición rápida do Carnicería Eusebio que remata Charro cun forte disparo. 8-2, min.39: Contra do equipo local levada por Charro que cede para que Uru marque a pracer.
  • Árbitros: Pablo (pista) e Juan (mesa), estiveron ben na súa labor.
Asesoria Cervantes-Carniceria Eusebio-Foto David Castro

Primeira parte igualada cun Carnicería Eusebio que dominou a posesión ante un Asesoría Cervantes que soupo aguantar os habilidosos xogadores locais evitando que crearan ocasións de gol. O equipo amarelo comezou adiantándose no marcador cun gol de Brice a pase de Alberto pero en dous minutos o Carnicería Eusebio daríalle a volta ao marcador con dous goles do protagonista do encontro, Charro.
Antes do descanso, Diego Ferreiro empataría o partido a pase de Alberto, xogador que tería o terceiro nos seus pés pero o pau rexeitaría o seu lanzamento.

Nada máis voltar do tempo de lecer, voltaría a poñerse por diante o equipo local cun gol de Rubén que bate a Diego tras varios rexeites. Cinco minutos despois, o Carnicería Eusebio aumentaría a súa vantaxe logo dunha internada de Camilo que cede para que Rubén superase de novo ao porteiro visitante. A partir deste gol, o equipo visitante basaría o seu xogo en contragolpes letais que lles serviu para finiquitar a un Asesoría Cervantes que non mereciu gañar pero tampouco mereciu unha derrota tan abultada.

Táboas de resultados e clasificacións en www.futboldacosta.com

Crónicas da Liga FS Carballo

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios