Martes. 23.04.2024
El tiempo

O Festival Artenauta comeza nas ondas da radiONeria

Festival Artenauta en Corcubion
O Festival Artenauta comeza nas ondas da radiONeria

Este domingo comezaban as actividades do ambicioso Festival Artenauta. O Festival das Artes da Costa da Morte terá nesta fin de semana o seu gran momento, pero durante a semana poderemos ir degustando as primeiras pezas artísticas. Neste caso falamos de cápsulas radiofónicas que Miguel Vázquez Freire está deixando nas ondas da radiONeria, coa colaboración aos mandos de Óscar Rey Calo e Iván Pereira, dous dos colaboradores que manteñen viva a emisora municopal de Corcubión.

Son 10 minutos de pensamento sobre “o fermoso, o feo e o valioso na Arte”, d emitidas en directo ás 20:00h dende este domingo 9 ata o vernes 14 de agosto, dando resposta a preguntas como a distinción en “a alta cultura da arte popular”; sobre “que hai de común entre o canto das Xaviñanas e unha cantata de Bach”; ou “por que un británico do século XIX gozaba da paisaxe do cabo Fisterra que os fisterráns nin sequera miraban?"

Compartimos aquí mesmo os primeiros podcast.

Performance: Eucalipse Now

O festival inaugurarase cunha performance artisticoecolóxica denominada EUCALIPSE NOW! Será o venres 14 de agosto ás 20hrs, da man de Boca de Sapo e as Pandereiteas As Rinchonas. Se queredes participar avisa no correo [email protected].
Eucalipse Now no Festival Artenauta de Corcubion

Novas relacionadas

Comentarios