Martes. 15.10.2024
El tiempo

Festival Artenauta: Máis de 20 artistas poñen a Corcubión no centro creativo

Festival Artenauta Corcubion
Festival Artenauta: Máis de 20 artistas poñen a Corcubión no centro creativo

A fin de semana do 14 ao 16 de agosto, Corcubión convertirase nun fervedoiro cultural. Gracias ás entidades sociais e culturais chega o Festival Artenauta, o Festival das Artes da Costa da Morte, “o primeiro festival especificamente artístico da contorna da Costa da Morte que nace co obxectivo de dinamizar a vila, inundándoa de diferentes artes”.

Máis dunha vintena de artistas de diferentes disciplinas (escultura, pintura, mural, fotografía, deseño gráfico, poesía, música, audiovisual, teatro, performances…), “os artenautas” farannos navegar por un mar de arte, tanto en recintos pechados como en actividades ao aire libre.

Lugares como o Cárcere Vello, ou a Capela do Pilar, compartirán experiencias igualmente que bares como a Gavilla, o Riveiro, o Quenxeiro, no exterior do Tío Moncho ou o Mar Viva. Pero ademais haberá actividades ao aire libre, en espazos como oCampo do Rollo, o peirao, na terraza doo recheo ou na propia Praza Castelao.

Teredes en breve o programa completo en festivalartenauta.com, aí como nos perfís de facebook e Instagram en @festivalartenauta.

Comentarios