Fotodesfeita: O estado da praia despois da primeira invasión dos “domingueros”

Aínda non estamos no San Xoán pero parece que pasou unha marea pola Praia de Quenxe. Ben é certo que non foi a corcubionesa unha das praias coidadas na Limpeza Simultánea de ADEGA, pero o estado no que quedou o areal trala primeira fin de semana de invasión de “domingueros/as” é terrible.

Así nolo conta en clave de fotodesfeita a veciña de Quenxe Diana Ramos, que nos manda estas imaxes da “terrible cantidade de lixo que deixaron”. E pregúntase claramente: “Se os cans non poden acceder á praia porque ensucian... que debemos facer coas persoas que fan isto?”

Parece evidente que debemos tomar consciencia e coidar o noso entorno natural, pero aínda hai quen pensa que é demasiado gardar o lixo e botalo no contedor…

Novas relacionadas

Fotodesfeitas

Podes enviarnos a túa fotodesfeitas a info@quepasanacosta.gal ou a través do noso Facebook.

Outras novas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).