Frank Buschman, entre os galardoados dos Premios Cultura da Deputación

O Teatro Colón acollía o pasado venres a Gala dos Premios Cultura da Deputación da Coruña. Unha Gala realizada para facer o necesario recoñecemento a todos os gañadores e gañadoras dos premios que convocamos nos exercicios 2020 e 2021, “dous anos que quedarán para sempre marcados na historia como os anos escuros da crise da Covid, mais tamén como ese tempo en que se sobrevivimos anímica e psicoloxicamente grazas á literatura, á música, á arte ou ao cinema”.
31 persoas e entidades subiron ao estrado a recoller os premios neste fermosísimo evento presentado polas actrices Carmen Méndez e Lidia Veiga, e que contou coas actuacións do contador Celso F. Sanmartín e da formación musical Son Trío.
Un dos que recibiu unha das fermosas unha escultura creada ad hoc pola artista Soledad Penalta foi o alemán-corcubionés Frank Buschmann. O carpinteiro recibira un Premio Antonio Fraguas da Deputación en 2020 e este venres foi un momento para disfrutar deste recoñecemento.


Novas relacionadas
- Novembro 2020: A constelación de Frank Buschamm enche de artesanía a Fundación Rac.
- 20-10-2020: A cadeira de Frank Buschmann vale un Antonio Fraguas da Deputación da Coruña.
- Maio 2020: Casiñas de madeira para loitar contra illamento do coronavirus.
- Decembro 2019: O ebanista Fran Buschmann, afincado en Corcubión, recibe o Premio Artesanía de Galicia.
- Xaneiro 2016: Os oficios volven a Corcubión.