"Hoxe non é onte", o novo podcast para a mocidade dende Corcubión
“Somos 3 colegas da mesma pandilla, e o podcast é coma se estivésemos falando nunha taberna”. Así nos presentan Antón Lestón, Paula Lorenzo e Nerea Díaz o novo podcast creado na comarca por “tres millenials que non teñen nin puta idea de nada”.
A iniciativa nace durante a última semana de restricións de hai un mes. “Sempre nos conectábamos para xogar, empezamos a falar sobre os podcast, e se nos ocorriu a idea de que hai moi poucos podcast feitos por e para xuventude. Ademais resulta curioso que dos 15 aos 30 anos a nosa xeración non consume este formato”, explica Lestón.
De aí nace a idea deste ”Hoxe non é onte” en ivoox (@hoxenonéontepodcast no Insta), un podcast sen guión, no que “falamos o que nos ronda a cabeza ese día, e seguro que ronda tamén polas cabezas de moitas rapazas. Preocupacións polo tema laboral, pola festa, a ansiedade…”
Así, e ao amparo da radiONeria, a radio municipal de Corcubión que segue a servir de campo de probas para @s nov@s comunicador@s da bisbarra, a cousa soa así de ben.