Martes. 23.04.2024
El tiempo

Lalo Insua dá un paso a un lado

Lalo Insua PSOE CORCUBIÓN 19 maio 2023
Lalo Insua con Bernardo González na presentación da súa candidatura
Lalo Insua dá un paso a un lado

Tralos resultados das eleccións municipais deste pasado domingo, o aínda alcalde de Corcubión, Lalo Insua (PSOE) vén de anunciar que se retira da primeira liña da política municipal. Deste xeito, Insua non fará de líder da oposición co goberno do BNG.

Insua chegou a alcaldía despois de ser o número 2 de Chisco Lema, do que collía o relevo como candidato para as eleccións de 2015. Uns comicions que venceu o PSOE por 36 votos, e que propiciou 8 anos de mandato, no que conseguiu unha relativa paz cunha oposición coa que levaba o grupo socialista moito anos en guerra continua.

PSOE CORCUBIÓN 19 maio lalo insua
Pepe Louro, á dereita, é o mellor situado para relevar a Insua

Comentarios